A obra de un cineasta galego, a película española con maior distribución en global.

A película «Buried», de Rodrigo Cortés, estará en máis de 4.000 salas de distintos países a partir de setembro.

Listen to this page using ReadSpeaker

Tras o seu debut coa película Concursante, o cineasta galego Rodrigo Cortés dará o seu gran salto coa estrea de Buried (Enterrado), que estará en máis de 4.000 salas de distintos países a partir de setembro. Con estas cifras, o segundo traballo de Cortés convértese na película cen por cento española con maior distribución da historia.

Estados Unidos é o primeiro país onde a película se estreará comercialmente, en nada menos que 2.000 salas, o 24 de setembro. En España estrearase o 1 de outubro, data tamén escollida para Reino Unido. Ademais, o filme encontrou distribución en países como Israel, Canadá, México, Xapón e China.

Buried relata a angustia dun estadounidense secuestrado en Iraq e enterrado polos seus captores. Toda a acción ten lugar integramente no ataúde en que está confinado o refén, cuxo único contacto co exterior se produce a través do seu teléfono móbil.

A película é protagonizada por Ryan Reynolds, o marido de Scarlett Johansson, quen actuou en títulos como La proposición e Lobezno.

1917 lecturas