Apertura de prazo para as listas de formadores colaboradores

Listen to this page using ReadSpeaker
1641 lecturas
Publicación da apertura de prazo para a presentación de novas inscripcións e actualización de documentación para as listas de formadores colaboradores da Secretaría Xeral de Emigración, para impartir seminarios de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, outros carácter artesanal e cociña tradicional galega.
Estado: 
Procedemento pechado

Prazo de inscrición : O prazo de presentación de novas inscricións e actualizacións das listas establecido no artigo 10 da Resolución do 13 de maio de 2008, será de 15 días a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Resolución: Resolución do 4 de maio de 2010, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 13 de maio de 2008 e a Resolución do 10 de decembro de 2008, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidos por esta secretaría xeral.

Convocatoria: Diario Oficial de Galicia (20/05/08) 

Promovido por: Secretaría Xeral da Emigración

Contacto:

Secretaría Xeral de Emigración:
Servizo de Atención Social aos Emigrantes
Teléfonos: 981.545.880 - 981.545.547.269
Fax: 981.957.055
e-mail:accion.cultural.em.sc@xunta.es.

Documentación:

  • Formulario de inscripción. Permite cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Nota: Se gardas o documento perderanse todolos cambios realizados.
  • Resolución do 13 de maio de 2008. Resolución do 13 de maio de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.
  • Resolución del 12 de agosto de 2008. Resolución do 12 de agosto de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se modifica a do 13 de maio, polo que se establece unha convocatoria de lista de formadores colaboradores para impartir seminarios fora de Galicia, promovidas por esta secretaría xeral.
  • Resolución do 10 de decembro de 2008. Resolución do 10 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se modifica a Resolución do 13 de maio de 2008 pola que que se establece unha convocatoria de listas de formadores colaboradores para impartir seminarios fóra de Galicia, promovidos por esta secretaría xeral.
Data de publicación: 
12.05.2010
Listas a convocatoria asociadas: