A Xunta abre o prazo de convocatoria das axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados

As achegas económicas teñen por obxecto facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno á Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación das solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2010.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Emigración, vén de abrir o prazo de convocatoria para a solicitude de axudas extraordinarias non periódicas a favor dos emigrantes galegos retornados e dos seus familiares.

As achegas económicas teñen por obxecto facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno á Comunidade Autónoma

Estas axudas fundaméntanse en feitos de urxente atención- con carácter meramente paliativo- e destínanse a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención especial na obtención de recursos polos afectados, de tal xeito que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos.

O prazo de presentación das solicitudes será desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia- 19 de abril- ata o 30 de setembro de 2010.

Para a concesión destas subvencións destinarase un crédito de dous centos dez mil euros (210.0000 €).

1892 lecturas