Carta do Secretario sobre o "V Día da Galicia exterior" 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
22 de marzo de 2010.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2010

Estimado/a presidente/a:

Neste Ano Santo Xacobeo 2010, e de acordo co interese demostrado pola propia colectividade, temos programado un novo Encontro Mundial da Galeguidade no que celebraremos o “V Día da Galicia Exterior”, en Santiago de Compostela no vindeiro mes de agosto.

Como sabes esta xa tradicional celebración, volverase a convocar coincidindo co seguinte Ano Santo, dentro de 11 anos. Tendo en conta o longo tempo que transcorrerá entre ambas celebracións, cobra maior importancia a presente si cabe, polas especiais condicionantes de idade dos nosos emigrantes.

Por iso a Secretaria Xeral da Emigración e todo o Goberno de Galicia, queremos que esta data sexa un día inesquecible para todos os que podamos participar nel. Achégoche unha circular informativa cos detalles e indicacións das previsións de desenvolvemento dos actos da xornada, e confío respondas canto antes a esta comunicación enviándonos os correspondentes anexos debidamente cubertos coas previsións de participación dos compoñentes do teu colectivo a estes momentos.

Estou seguro que este encontro será unha magnífica ocasión para seguir mostrando esa Galicia universal, solidaria e de futuro que todos os que á amamos pretendemos. Aproveito a ocasión para enviarche un afectuoso saúdo.

J. Santiago Camba Bouza

Documentación asociada
Documentación asociada
Carta do Secretario93.28 KB
2271 lecturas