Os galegos de Arxentina rinden homenaxe ao debuxante Geno Díaz

«Geno, un gallego de Mataderos» repasa a vida e obra do debuxante e a súa cercana relación coa emigración.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina dedica unha exposición, que se inaugura o 13 de marzo, á figura do dibuxante Geno Díaz. «Geno, un gallego de Mataderos» repasa a vida do escritor e guionista (1926-1986) a través dos debuxos realizados no seu libro dedicado á colectividade galega Emigrantes, cerámicas ilustradas, novelas e outros obxectos relacionados coas suas actividades culturais.

Geno Díaz naciu e morreu en Bos Aires. O seu pai, Antonio Díaz, foi un dirixente da colectividade emigrada, dirixiu o Centro Coruñés, estivo na mesa organizadora do congreso de 1956 e era amigo persoal dos principais líderes do nacionalismo en Bos Aires, como José B. Abraira, Ricardo Flores, Benito Cupeiro, Manuel Pedreira, entre outros. Conectado familiarmente á colectividade galega, Geno Díaz trabou amistade con Luis Seoane e con Isaac Díaz Pardo. Xunto a este último traballou na fábrica de cerámicas de Magdalena entre 1958 e 1962. Por esos anos, realizou exposicións pictóricas no Centro Lucense e na Federación de Sociedades Gallegas.

A mostra ten como eixes o vínculo de Díz co porteño barrio de Mataderos, así como a sua estreita relación con Galicia, «señas particulares inconfundibles de la personalidad de este recordado artista», segundo explican dende a organización.

O lugar da exposición -o Salón Airiños da sede da Fundación- foi elexido polos familiares do debuxante, polo seu forte vínculo cos galegos. De feito, unha das suas primeiras exposicións de pintura xa se realizou en 1961 na sala de arte da Federación, e dous anos máis tarde, Geno Díaz protagonizou outra mostra no Centro Lucense.

Completan a mostra, que poderá visitarse ata o 27 de marzo, fotografías da sua vida, as suas amistades, as suas relacións profesionais e o seu gusto musical, así como fragmentos dunha entrevista televisiva realizada en 1984 na Arxentina Televisora Color (ATC), hoxe Canal 7.

1835 lecturas