Requirimento de emenda das axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
1465 lecturas
Publicación dos requirimentos de emenda da documentación xustificativa presentada polas entidades galegas que se indican o abeiro da resolución do 17 de Xuño de 2009 da Secretaria Xeral da Emigración.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro da Resolución do 17 de xuño de 2009 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009 (D.O.G. nº 120, do 22/06/2009), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

 Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral de Emigración no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60.

Nas solicitudes de información deberá indicarse o medio elixido para a súa contestación, así como o número de expediente, que servirá como contrasinal persoal que permita a identificación como interesado no procedemento.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com, de acordo co establecido no artigo 29º da resolución de convocatoria.

  • Programa A: Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
  • Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
  • Programa C: Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das blibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior.
  • Programa D: Axudas para a restauración e catalogación do patrimonio artístico, bibliográfico e documental titularidade das entidades galegas no exterior.
Data de publicación: 
10.12.2009