Glosario comezando con A

Faga clic nunha das letras de arriba para ir á páxina de todos os termos que comezan con esa letra.
AA.PP.

Siglas de Administracións Públicas.

Aboamento

Acción ou efecto de aboar, pagar.

Aboar

Pagar ou satisfacer unha cantidade de diñeiro.

Abolir

Derogar. Deixar sen vixencia unha lei ou precepto.

Abrogar

Abolir, deixar sen efecto unha disposición legal.

Absolución

Acción e efecto de absolver.

Abstención

É a obriga que ten un xuíz, maxistrado ou funcionario pola súa propia iniciativa de inhibirse no coñecemento dun litixio por entender que carece de imparcialidade para xulgar.

Accesión

1. Agregación dunha cousa a outra. 2. Dereito que corresponde ao dono dunha cousa sobre o que esta produza ou se lle incorpore natural ou artificialmente.

Acceso á Universidade para maiores de 25

Os maiores de 25 anos de idade que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente poderán ingresar directamente na universidade, mediante a superación dunha proba de acceso que se regula no Real Decreto 743/2003, do 20 de xuño.

Acción

1. En sentido procesal, dereito a acudir a un xuíz ou tribunal recabando del a tutela dun dereito ou dun interese. 2. Facultad derivada dun dereito subxectivo para facer valer en xuízo o contido daquel. 3. Cada unha das partes alícuotas en que se divide o capital dunha sociedade anónima. 4. Título ou anotación contable que acredita e representa o valor de cada unha daquelas partes.

Achegar

1. Contribuír cunha cantidade para sufragar gastos. 2. Presentar un documento xunto con outros.

Acredor

Suxeito activo dunha obriga. O que ten dereito a pedir o cumprimento dunha obriga.

Acta

1. Relación escrita do sucedido, tratado ou acordado nunha xunta ou reunión. 2. Documento en que constan oficialmente as calificacións finais do alumnado nunha convocatoria e materia concreta. Asínase polo profesor da materia e polo secretario do centro e arquívase en Secretaría.

Actividade económica

Calquera actividade de carácter empresarial, profesional ou artístico, sempre que supoña a ordenación por conta propia de factores de produción, materiais e humanos, ou dun de ambos os dous, con motivo de intervir na produción ou distribución de bens e servizos.

Acto administrativo

Manifestación de vontade por medio da cal os órganos administrativos realizan as súas funcións creando, modificando ou extinguindo dereitos ou obrigas.

Acto presunto

Acto administrativo xurdido en virtude do mecanismo do silencio administrativo.

Acto xurídico documentado

Feito impoñible sometido a tributación polo imposto sobre transmisións patrimoniais. Trátase dun gravame documental cuxo obxecto está constituído precisamente polo documento, en canto constitúe o soporte material dun acto ou negocio xurídico formalizado no territorio español ou ben formalizados no estranxeiro, pero con efectos en España. Aplícase este gravame a tres tipos de documentos: documentos notariais (escrituras, actas e testemuños), documentos mercantís (bonos, obrigas, pagarés...) e documentos administrativos (títulos nobiliarios...)

Administración pública

Organización ordeada á xestión dos servizos e á execución das leis nunha esfera política determinada, con independencia do poder lexislativo e do poder xudicial.

Afectación

Acto formal polo que un ben de titularidade pública se integra no demanio en virtude do seu destino e das correspondentes previsións legais.

Alcalde

Presidente do concello dun pobo ou termo municipal, encargado de executar os seus acordos, ditar bandos para a orde, salubridade e limpeza da poboación, e coidar de todo o relativo á Policía urbana. É ademais, no seu grao xerárquico, delegado do Goberno na orde administrativa.

Alleamento

Transferencia a outra persoa da propiedade ou outro dereito sobre algo.

Allear

Transferir a outra persoa a propiedade ou outro dereito sobre algo.

Alugar

Dar ou tomar algunha cousa para facer uso dela, por un tempo e prezo determinados.

Alugueiro

1. Acción e efecto de alugar, arrendamento. 2. Cantidade que se paga por alugar algo.

Alínea

Cada unha das subdivisións dun artigo dunha lei, dun decreto ou doutra disposición.

Amoestar

1. Facer presente algo para que se considere, procure ou evite. 2. Advertir, previr, reprender.

Amortización

Depreciación efectiva sofrida polos distintos elementos do inmobilizado material e inmaterial, como consecuencia do seu funcionamento, emprego, desfrute ou obsolescencia.

Apelido

Nome de familia con que se distinguen as persoas.

Aprazamento do pagamento

Pospor o pagamento dunha débeda. Cando a situación económico-financeira da persoa que debe lle impida transitoriamente facer fronte ao pagamento da débeda a tempo, a Administración Tributaria pode aprazar ou fraccionar o pagamento. No aprazamento, o pagamento posponse no tempo, debendo integrarse dunha soa vez ao vencer o prazo concedido. No fraccionamento, o pagamento repártese en varios vencementos.

Aprazar

Fixar unha nova data para un acontecemento. Adiar, pospoñer.

Arquivo

1. Conxunto ordeado de documentos que unha persoa, unha sociedade, unha institución, etc., producen no exercicio das súas funcións ou actividades. 2. Lugar onde se custodian un ou varios arquivos.

Artigo

Cada unha das disposicións numeradas dun tratado, dunha lei, dun regulamento, etc.

Asemblea

Órgano político constituído por numerosas persoas que asumen total ou parcialmente o poder lexislativo.

Asistencia sanitaria

Actividade que ten por obxecto a prestación dos servizos médicos e farmacéuticos destinados a conservar ou restablecer a saúde dos beneficiarios da Seguridade Social, así como a súa aptitude para o traballo. As continxencias cubertas son a enfermidade común ou profesional, o accidente, laboral ou non, e o embarazo, parto e puerperio.

Asociacionismo

Movemento social partidario de crear asociacións cívicas, políticas, culturais, etc.

Asociación

Conxunto dos asociados para un mesmo fin e, de ser o caso, persoa xurídica por eles formada. O recoñecemento gubernamental da asociación non pode ser denegado cando teña fins determinados e lícitos, debendo inscribirse nun rexistro para os únicos efectos de publicidade. As asociacións declaradas de utilidade pública gozan dun réxime fiscal privilexiado en canto que perseguen fins de interese xeral.

Atribución

Cada unha das facultades ou poderes que corresponden a cada parte dunha organización pública ou privada segundo as normas que as ordeen.

Audiencia provincial

Tribunal con xurisdición nunha provincia de España. Ten a súa sede na capital da provincia, aínda que poden crearse seccións da mesma fóra da capital.

Autoliquidación

Modalidade de declaración tributaria que contén a manifestación ou o recoñecemento da realización do feito impoñible, os datos indispensables para que a Administración liquide un tributo e os elementos de cuantificación da débeda e o sinalamento do importe da mesma.

Autónomo

Persoa, empresario, profesional ou artista, que realiza a ordenación por conta propia dos medios de produción e de recursos humanos, co gallo de intervir na produción ou distribución de bens ou servizos, que en canto titular dunha actividade económica está obrigado a darse de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou nun dos réximes alternativos da mesma.

Aval bancario

Sinatura que se pon ao pé dunha letra ou outro documento de crédito, para responder do seu pagamento en caso de non realizalo a persoa principalmente obrigada a el. O aval outorgado por unha entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca esíxese fundamentalmente cando se solicita a suspensión da execución de calquera acto administrativo, sendo preferido este tipo de garantía sobre outras que se poidan constituír.

Avaliación

Acción e efecto de avaliar.

Avaliar

Estimar, apreciar, calcular o valor de algo.

Avogado

Licenciado ou doutor en dereito que exerce profesionalmente a dirección e defensa das partes en toda clase de procesos ou o asesoramento e consello xurídico.

Axencia Estatal de Administración Tributaria AEAT

Entidade de Dereito público, con personalidade xurídica e patrimonio propios que actúa con autonomía de xestión e plena capacidade xurídica, pública e privada, no cumprimento dos seus fins. Réxese polo disposto no artigo 103 da Lei 31/1990, do 27 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 1991, o seu estatuto orgánico e demais normativa específica. Está adscrita ao Ministerio de Facenda a través da Secretaría de Estado de Facenda.

Axuda

Disposición gratuíta de fondos públicos realizada a favor de persoas ou entidades públicas por razón do estado, situación ou feito en que se atope.

Axuda de custo

Estipendio que se dá a quen executa algunhas comisións ou encargos por cada día que se ocupan neles, ou polo tempo que empregan en realizalos.

Axuda específica

A que se concede a un beneficiario singular por razón de interese social ou humanitario sen que promova unha convocatoria para iso.

Axuda xenérica

A consignada nos estados de gasto na Lei de Orzamentos para unha pluralidade de beneficiarios ou para unha finalidade sen especificación dos beneficiarios. Concédense tras a convocatoria pública.