Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Abril2024A Xunta pon en marcha “Conecta co Camiño”, un programa destinado a que 60 mozas e mozos galegos do exterior percorran a ruta xacobea audio As e os participantes percorrerán oito tramos a pé polos Camiños Portugués pola Costa ata Compostela, coñecendo aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe a convocatoria das axudas para a participación no programa de lecer “Conecta co Camiño” que ofrece 60 prazas para que mozos e mozas galegas do exterior de entre 18 e 20 anos poidan percorrer a ruta xacobea entre o 19 e o 31 de... Máis información
-
15Abril2024Galicia brilla en Alemaña coa celebración de cinEScultura en Ingolstadt e Ratisbona audio Galicia foi protagonista este sábado en Alemaña grazas á presentación do Festival cinEScultura nas cidades de Ingolstadt e Ratisbona. A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia celebrou o Día de Europa en Baviera apoiando a segunda edición de cinEScultura en Ingolstadt e a décimo sétima edición en Ratisbona. Este ano, o festival estivo dedicado a promover a cultura galega e ofrecer unha oportunidade única para dar a coñecer o cine, a... Máis información
-
13Abril2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Parada de Sil, A Estrada, Noia e Taboada audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
12Abril2024A delegada da Xunta no Uruguai participou no Día das Artes Galegas celebrado no Patronato da Cultura Galega de Montevideo audio A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu aos actos polo Día das Artes Galegas celebrados no Patronato da Cultura Galega de Montevideo e que este ano homenaxeou ao escultor Francisco Asorey. Asorey está considerado un dos renovadores da arte galega e unha das figuras máis relevantes na renovación escultórica española do século XX. É responsable da obra A Santa, que hoxe é exhibida no Museo Zorrilla, no Uruguai. Trátase dunha... Máis información
-
11Abril2024Emigración informará o vindeiro mércores ás e aos galegos do exterior sobre a nova convocatoria das bolsas BEME a través dun webinario audio A Secretaría Xeral da Emigración informará o vindeiro mércores, 17 de abril, a partir das 18:00 h (hora peninsular española), aos galegos e galegas residentes no exterior acerca da nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) mediante un webinario. As e os interesados poderán participar a través desta ligazón. A convocatoria destas axudas, aberta pola Xunta de Galicia ata o 30 de abril, ofrece un total de 250 prazas... Máis información
-
10Abril2024A Xunta de Galicia participará este sábado na presentación do Festival cinEScultura de Ingolstadt e Ratisbona e anima a todas e todos os galegos en Alemaña a asistir aos diferentes actos dedicados a Galicia audio Representantes da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia asistirán este sábado á presentación da segunda edición de cinEScultura en Ingolstadt e a 17ª en Ratisbona, un evento no que a Xunta de Galicia colabora na súa organización e que este ano se dedica á promoción da cultura galega, ofrecendo unha ventá única ao cine, á lingua e ás tradicións de Galicia. Ao longo de todo o día están previstas actividades gratuítas para toda a... Máis información
-
08Abril2024O delegado da Xunta na Arxentina fai un chamamento na celebración do 108º aniversario da Asociación Fillos do Porto do Son ao traballo conxunto entre as distintas asociacións para continuar promovendo a cultura galega no exterior audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, participou na celebración do 108º Aniversario da Asociación Fillos do Porto do Son, que reuniu a varias figuras importantes da diáspora galega. O representante galego fixo un chamamento á unión e ao traballo conxunto entre as distintas asociacións para continuar promovendo a cultura galega alén das fronteiras de España. "É crucial que nos unamos e traballemos de man para seguir facendo... Máis información
-
06Abril2024A Oficina Móbil do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración visitará a vindeira semana Cerdedo-Cotobade, Paradela, A Gudiña e Melide audio Este proxecto innovador, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, busca ofrecer un servizo de información e asesoramento especializado e próximo ás persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias. Cun enfoque nas demandas e necesidades específicas derivadas do retorno, esta oficina itinerante desprazarase por diversos concellos de Galicia, co obxectivo de estender o seu alcance a cada recuncho da nosa comunidade. Servizos Ofrecidos... Máis información
-
05Abril2024As e os emigrantes retornados beneficiaranse un ano máis das axudas da Xunta ás empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica-IEBT, que xa crearon 2.200 postos de alta cualificación audio A axuda pretende incentivar ás empresas que contraten a persoas emigrantes retornadas xa que por cada contratación a este colectivo poderían recibir unha axuda de ata 8.000 euros, co que se favorece a súa integración laboral en Galicia. As e os emigrantes retornados contarán, un ano máis, co respaldo da Xunta de Galicia a través dunha serie de axudas destinadas ás empresas cualificadas como Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT).... Máis información
-
04Abril2024A Xunta abre o prazo das axudas para familias galegas do exterior en situación de emerxencia social urxente audio O Goberno galego destina 30.000 euros a atender ás e aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica. O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ao longo deste ano, ata o próximo 15 de outubro. A Secretaría Xeral da Emigración publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente. Deste xeito, o Goberno galego... Máis información
Páxinas |