Retorna

Área
[field_area_de]

MEDIDAS:

Obxectivo 5º

Informar ás persoas retornadas e ás que estean pensando en facelo de todas as medidas específicas e xerais do seu interese.

MEDIDA 12

Continuar facilitando información e axudando á resolución de trámites a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. Esta abordará:

  • As axudas de carácter extraordinario e social que poidan ser de aplicación aos galegos retornados de ámbito nacional, autonómico e local.
  • Sistemas de acceso a prestacións como a Renda de Inclusión Social de Galicia ou as presentacións non contributivas.
  • O procedemento para o recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade e información sobre os programas específicos.
  • O acceso ao sistema sanitario mediante a tarxeta sanitaria.
  • Os programas de axuda da Dirección Xeral de:

     -Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, incidindo no Programa de Axudas á natalidade e nos destinados a familias numerosas
     -Inclusión social
     -Maiores e persoas con discapacidade
     -Xuventude, Participación e Voluntariado

  • Outras cuestións de importancia como natalidade, permisos de residencia e traballo, coberturas sociais e sanitarias para cónxuxes e familiares sen nacionalidade española, etc.
  • A documentación que debe traer do país de residencia para realizar trámites coas Administracións públicas en España | Acceder
Obxectivo 6º

Axilizar os trámites para que as persoas galegas retornadas se integren automaticamente no sistema público sanitario galego no momento da súa chegada a Galicia.

MEDIDA 13

Obtención da tarxeta sanitaria Acceder

MEDIDA 14

Informar e facilitar o acceso á vacinación da covid-19 a todas as persoas galegas retornadas de forma rápida e previamente ao acceso ao sistema sanitario.

Obxectivo 7º

Atender ás familias galegas retornadas en situación de vulnerabilidade para a consecución da súa plena integración.

MEDIDA 15

Continuar promovendo as axudas extraordinarias aos/as emigrantes galegos/as retornados/as para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno. Cada unidade familiar pode recibir unha subvención de ata 6.000 € | Acceder

MEDIDA 16

Manter a liña de axudas para familias retornadas con fillos/as menores que se instalen en Galicia de 1.000 euros por fillo/as ata o/a segundo/a fillo/a e 1.500 euros a partir do/a terceiro/a, cun incremento do 25% se a residencia é no rural | Acceder

MEDIDA 17

Facilitar o acceso das persoas galegas retornadas ás prestacións sociais ás que teñan dereito.

MEDIDA 18

Atender de forma integral ás mulleres retornadas vítimas da violencia de xénero a través de recursos residenciais de acollida temporal e dos non residenciais | Acceder

MEDIDA 19

Facilitar o acceso das mulleres retornadas vítimas de violencia de xénero ás prestacións ás que teñen dereito | Acceder

Obxectivo 8º

Conseguir a plena integración das familias galegas retornadas no menor tempo posible. 

MEDIDA 20

Facilitar a participación das persoas emigrantes retornadas nos programas de inclusión sociolaboral

MEDIDA 21

Facilitar a aproximación á realidade de Galicia a aquelas persoas galegas que levan moito tempo lonxe da nosa terra. 

Obxectivo 9º

Fomentar o retorno das familias galegas a través do apoio á natalidade e á conciliación familiar.

MEDIDA 22

Mellorar as condicións de acceso das familias retornadas a todas as medidas favorecedoras da natalidade, como a Tarxeta Benvida. Mediante esta última, as familias obterán unha axuda de 1.200 euros ao ano no primeiro ano de vida do/a seu/súa fillo/a, ampliable ata os 3 anos nalgúns casos | Acceder

MEDIDA 23

Facilitar o acceso no momento do retorno e fóra dos prazos establecidos ás Escolas Infantís.

Obxectivo 10º

Apoiar a integración da xuventude.

MEDIDA 24

Axudas para a obtención do permiso de condución clase B e C á xuventude retornada residente en Galicia e beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil | Acceder

MEDIDA 25

Facilitar o acceso antes do retorno ao programa Carné Xove. Programa de desconto para mozos/as no acceso a bens e servizos | Acceder

MEDIDA 26

Facilitar o coñecemento da realidade de Galicia como opción de retorno a través do programa Conecta con Galicia: programa de actividades lúdico-educativas e de coñecemento da cultura e o patrimonio galego para mozos/as galegos/as residentes no exterior co obxectivo de xerar o vínculo con Galicia e fomentar o espírito de retorno | Acceder

MEDIDA 27

Facilitar o coñecemento da realidade de Galicia como opción de retorno a través do programa Campamento de Voluntariado: programa de actividades lúdico-educativas que participan en actividades con compoñente social e desfrutando dun programa de ocio educativo, co obxectivo de xerar o vínculo con Galicia e fomentar o espírito de retorno | Acceder

MEDIDA 28

Facilitar á xuventude retornada unha completa programación a través do programa Xuventude Mentoring, programa integral de formación e titoría para mozos/as titulados/as e inscritos/as no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil | Acceder

MEDIDA 29

Apoiar a integración mediante o programa de voluntariado ambiental interxeracional que se desenvolve en accións en parque naturais e espazos protexidos da Comunidade Autónoma de Galicia.

MEDIDA 30

Facilitar o acceso da xuventude retornada ás diferentes liñas de axuda para o desenvolvemento de proxectos xuvenís do programa Iniciativa Xove Acceder

Obxectivo 11º

Facilitar o acceso á vivenda. 

MEDIDA 31

Facilitar o establecemento na comunidade autónoma galega cunha axuda de 500 euros por unidade familiar destinada a sufragar os gastos derivados das primeiras xestións para garantir o acceso a unha vivenda.

MEDIDA 32

Acceder ás vivendas de promoción pública por parte das persoas galegas retornadas en igualdade de condicións que o resto das persoas galegas e facilitar a súa inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade autónoma de Galicia.

MEDIDA 33

Acceder ás axudas ao aluguer por parte das persoas galegas retornadas en igualdade de condicións que o resto das persoas galegas dende o seu empadroamento nun concello galego.

MEDIDA 34

Potenciar o retorno na planificación das políticas de vivenda do Goberno Galego.

Obxectivo 12º

Fomentar a rehabilitación de vivendas.

MEDIDA 35

Incluír nos programas de axudas para a rehabilitación de vivendas ás persoas galegas retornadas.