Retorna

Área
[field_area_de]

MEDIDAS:

Obxectivo 1º

Consolidar o sistema de xestión integral do retorno a través das oficinas físicas en Galicia co obxectivo de facilitar ás familias retornadas e ás que teñen previsto retornar un servizo de ventanilla única con asesoramento e seguimento personalizado nas áreas social, educativa e laboral, de forma presencial e telemática.

MEDIDA 1

Manter e desenvolver a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno, integrada por un conxunto de persoal técnico cualificado que ten como obxectivo asesorar de forma presencial e telemática e efectuar un seguimento personalizado ás persoas emigrantes e ás súas familias | Acceder

MEDIDA 2

Desenvolver a Área de orientación para o emprego por conta allea.

MEDIDA 3

Desenvolver a Área de asesoramento fiscal para o retorno.

MEDIDA 4

Impulsar a Área de apoio ao retorno nas delegacións da Xunta de Galicia e nas oficinas colaboradoras das entidades galegas no exterior.

Obxectivo 2º

Facilitar o acceso ás medidas de fomento do retorno a todas as persoas galegas no exterior a través das TICs.

MEDIDA 5

Difundir e consolidar a Plataforma Virtual Retorno.

MEDIDA 6

Difundir e consolidar o servizo de atención telefónica ao retornado.

Obxectivo 3º

Dar a coñecer as medidas e obxectivos da nova Estratexia Galicia Retorna.

MEDIDA 7

Realizar accións de difusión e divulgación das medidas recollidas na Estratexia.

MEDIDA 8

Intensificar a divulgación no exterior, organizando accións informativas e puntos de encontro na diáspora.

MEDIDA 9

Impulsar a divulgación das accións de retorno a través das entidades galegas asentadas no exterior.

Obxectivo 4º

Informar, asesorar e realizar un seguimento das persoas galegas retornadas no momento da súa chegada a Galicia.

MEDIDA 10

Continuar reforzando as sedes da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.

MEDIDA 11

Incentivar ás asociacións que desenvolven proxectos dirixidos á información e á integración das familias retornadas.