#ACulturaSegue

Dúo Vaguedades. Artefeito Sociedade Cooperativa Galega
Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21

Isabel Risco e Fran Rei convértense en Rosalía de Castro e Eduardo Pondal nun proxecto audiovisual que mestura humor e música e que propón unha revisión cómica de diversos aspectos que nos definen como galegos e galegas, así como dos fitos máis sobranceiros do noso patrimonio cultural.

O proxecto componse de cinco audiovisuais que inclúen cadanseu videoclip do Dúo Vaguedades, a primeira banda tecno da historia, formado nada máis e nada menos que polos mesmísimos Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

Dubidar
Pondal e Rosalía pasan unha tarde de choiva na casa. A conversa, aparentemente intranscendente, agocha moita poesía, culta e popular. Nesta entrega podermos escoitar un tema do Dúo Vaguedades sobre unha das características que disque define aos galegos e galegas: a dúbida.