promesa de desistir de ese empeño y de confiar en la acción de Consulado
y del Consejo Superior de Emigración”, apuntaba o representante español
no seu informe.
Por outra parte, no escrito dos oficiais do barco da compañía en
cuestión, entre os que se encontraba o capitán, o médico, dous contado-
res, e varios oficiais, datado o 18 de xaneiro de 1912, indicábase o seguin-
te: “Como siempre los emigrantes tenían permiso de comprar en la canti-
na, si algún día en vez del rancho que había para todo el mundo, querían
comer otra cosa.” Diso, e apoiándose noutros apartados do seu prego de
descargo, pódese inferir que a comida non resultaba satisfactoria e que os
emigrantes tiñan que recorrer á compra de víveres. Pero o seu significado
concreto acláranolo bastante ben o informe do cónsul –que, por certo,
non concede a penas verosimilitude ó escrito de descargo da tripulación
(menciona o sorprendente feito de que os camareiros españois obxecto de
crítica asinasen un escrito redactado en alemán cando ningún deles coñe-
cía esta lingua)– datado o 26 de xaneiro de 1912. Sinalaba o cónsul que
no desempeño da súa carreira profesional recibira con moita frecuencia
queixas análogas ás formuladas polo grupo de emigrantes en cuestión,
sobre o prezo excesivo a que eran vendidos determinados artigos a bordo
da indicada compañía “y que personalmente he podido observar, a bordo
de dichos buques en la bahía de la Habana, que no se guardan a los emi-
grantes las debidas consideraciones”
99
.
As fontes escritas convencionais, conxuntadas coa historia oral e
os relatos autobiográficos, permiten adentrarse en determinados intersti-
cios do pasado histórico que teñen máis que mediana relevancia. Deste
xeito, puidemos averiguar que nos barcos existía tamén un mercado
secundario, irregular e semiclandestino, baseado en pequenos furtos e
corruptelas do persoal de servicio, camareiros e cociñeiros sinaladamen-
te. Estes subministraban secretamente certos alimentos ós pasaxeiros a
cambio de diñeiro, que ía parar ós seus petos. Eventualmente os emi-
grantes beneficiábanse dun prezo menor ó da cociña, tenda ou cantina e
ademais podían conseguir certo tipo de alimentos, ou racións de comida
46
99 Informe do vicecónsul español na Habana remitido ó Consello Superior de Emigración. Datado o 6
de febreiro de 1912. AGA AH, Asuntos Exteriores, caixa 1.693.