Page 277 - Galegos en Amrica e_americanos_en_Galicia_eBook

Basic HTML Version

ELIXIO VILLAVERDE GARCÍA
Á memoria de Sebastián Aparicio, ourensán da Gudiña,
falecido en 1600 ós 98 de idade, sendo o seu corpo inco-
rrupto venerado na cidade de Puebla. Símbolo da peregrina-
xe emigrante, do panteísmo galaico e franciscano e da bon-
homía, abriu coas súas carretas os camiños modernos a indí-
xenas e hispanos entre Veracruz, Puebla e Zacatecas e é aho-
rita mesmo o patrón dos transportistas na República
Mexicana.
CONTEXTO XERAL: OS GALEGOS EN MÉXICO
A emigración a América foi durante un século, entre 1860 e 1960,
o fenómeno demográfico e económico de maior impacto para Galicia, e
xunto coa impronta imperecedoira da Guerra Civil, tamén o fenómeno de
maior transcendencia social. Buscamos o cuantitativo e o cualitativo no
seguimento das pegadas dos fillos dun pobo caracterizado por diversos
estudiosos como bíblico e errante. Aínda que case as dúas terceiras partes
dos emigrados retornaron para pasar longas tempadas ou para xubilarse e
morrer na súa terra natal, a emigración galega a América rondou a cifra
de 2.000.000 de homes só entre 1900 e 1962. Era o máis selecto da pobo-
ación activa, dunha xuventude desterrada e ausente, chorada por nais sen
consolo e por viúvas de vivos; cantada e denunciada polos nosos grandes
poetas románticos decimonónicos como Rosalía de Castro e polos novos
bardos nacionalistas como Celso Emilio Ferreiro, autoexiliado en
Galegos en América e
americanos
en Galicia
275
Os galegos no estado e na
cidade de Puebla á luz do Rexistro
Nacional de Estranxeiros
,
(1878-1936)