Page 259 - Galegos en Amrica e_americanos_en_Galicia_eBook

Basic HTML Version

Católica
e Juana
La Beltraneja
polo dereito ó trono de España (e o consa-
bido fracaso dos nobres galegos partidarios desta última) fan que Galicia
morra dende o punto de vista social: os Reyes Católicos actuaron enerxi-
camente e apartaron ós seus nobres da rexión. Como consecuencia, en
Galicia non haberá unha nobreza local que defenda os seus intereses. En
xeral, os nobres que habitarán de agora en adiante esta rexión provirán
doutras partes de España ou doutros países europeos: unha burguesía que
deu a espalda á realidade galega, totalmente sometida ó poder central.
Beiras
6
compara esta situación co que sucede coa penetración do mundo
capitalista nos países subdesenvolvidos; pero no caso de Galicia, sinala, é
un tanto diferente, por canto as relacións de dependencia non se estable-
cen entre estados soberanos senón internamente. O grupo social domi-
nante que vive no medio urbano e marca as regras de xogo, dá as costas á
realidade galega, cunha falta total de solidariedade para co campesiño e
cunha dependencia total do poder central español. As relacións non son
bilaterais senón triangulares:
SOCIEDADE CAMPESIÑA - SOCIEDADE URBANA - PODER CENTRAL
A función social das clases localmente dominantes vese mediatiza-
da por esa relación global de dependencia que caracteriza a realidade
socioeconómica da Galicia da Idade Moderna.
Outra das disxuntivas que enfrontou o pobo galego é a oposición
entre a educación formal e a non formal e o ámbito sociolingüístico.
En canto á educación formal (é dicir á que se imparte en forma orga-
nizada polos centros de ensinanza) o galego recibía un tipo de ensinanza
desaxustada coa súa realidade, que non tiña un fin educativo senón de
simple instrucción e que transmitía valores que non correspondían ó
mundo rural galego. No neno, entón, producíase unha especie de frustra-
ción porque lle ensinaban cousas que non lle eran útiles para a súa vida
cotiá e porque a ensinanza era en castelán con libros de texto que non se
correspondían cos seus intereses, o cal producía un desaxuste sociolin-
güístico moi grande.
Galegos en América e
americanos
en Galicia
257
6
Ibíd
.