Page 195 - Galegos en Amrica e_americanos_en_Galicia_eBook

Basic HTML Version

O ESTEREOTIPO DO GALEGO NA SOCIEDADE ARXENTINA
No seo da colectividade española hai que destaca-la formación de
diversos colectivos rexionais, que posúen unha identidade propia e defi-
nida. A pesar da imposibilidade de facer unha diferenciación rexional dos
mesmos e dar un número exacto da poboación procedente de cada comu-
nidade no conxunto da inmigración española a Arxentina, pois tanto as
fontes estatísticas arxentinas como as españolas non precisan a orixe
rexional dos inmigrantes, tódolos autores, así como as fontes indirectas,
coinciden en sinalar que son as rexións do norte peninsular, sobre todo
Galicia, as que representan o groso da emigración española. Como resul-
tado da importante presencia da colectividade galega, xeneralizouse o uso
do xentilicio
gallego
para referirse a tódolos españois, calquera que fose a
súa orixe
2
. Esta forma de denominación remóntase, cando menos, a prin-
cipios do século XIX, tal como refire Carlos Zubillaga, quen sinala que
durante o asedio a Montevideo as forzas crioulas independentistas utilizan
nos famosos
cielitos
a forma “gallego” para referirse ós peninsulares realis-
tas
3
. A mediados do século XIX este termo para designar a tódolos espa-
ñois era moi común, como se observa na seguinte anécdota protagoniza-
da por Rosas:
Cuando el músico Francisco Gambín visitó al dictador Rosas, éste le preguntó: “¿usted
es gallego? No señor, le contestó Gambín, soy nativo de Cádiz. Bueno, afirmó Rosas
impaciente, gallego de Cádiz.
4
Este fenómeno non queda circunscrito a Arxentina ou á área do
Río da Prata, senón que se xeneraliza a todo o continente americano,
Galegos en América e
americanos
en Galicia
193
2 Dentro da sociedade arxentina existe unha diferenciación entre español e galego, termo este último
utilizado para referirse ós emigrantes. En 1926, con motivo da chegada do voo do
Plus Ultra
, algunhas
sociedades galegas elevan a súa voz de protesta polo tratamento dado a Ramón Franco como español:
“alcúman-nos con desprezo, chamándonos ‘gallegos’, con deixo de xenreira e de podre señorio; e cando
un dos nosos fai algo grande, entonces chamanlle ‘español’ i erixenxe en nosos representantes”. “Encol
do vó Franco. Un manifesto pubricado en Bós Aires”,
A Nosa Terra
, nº 223, 1 de abril de 1926, p. 8.
3 C. Zubillaga Barrera: “Lo gallego en la primitiva poesía popular uruguaya”, en
Grial,
nº 76, Galaxia, Vigo,
1974. Esta vinculación entre realistas e galegos xunto co clima de hispanofobia posterior á independen-
cia americana son outros elementos que influirán nunha concepción negativa do emigrante galego.
4 A. Vilanova:
Los gallegos en la Argentina
, vol. II, Editorial Galicia del Centro Gallego, Bos Aires, 1966,
p. 729.