Page 146 - Galegos en Amrica e_americanos_en_Galicia_eBook

Basic HTML Version

alcanzamos. Se enseñará también el
dialecto gallego
a
cuantos en él quieran perfec-
cionarse
, y
especialmente a los hijos cuyos padres tengan gusto en que posean la dulce
habla de sus mayores
. Se elegirán entre los miembros de nuestra colonia profesores
que expliquen
Geografía
,
Historia de España y particular de Galicia
,
nociones de
Física e Higiene
,
dibujo
,
música
y
canto
, y en una palabra, se procurará que la ense-
ñanza de este
CENTRO
abrace todos los ramos que constituyen una
educación
completa
, así en la
parte seria
como en la de
adorno.
7
Quedaba así preconfigurada a oferta curricular que os promotores do
Centro Galego da Habana consideraban idónea para transmitir a través
da entidade en vías de constitución. Nela explicitábase que o establece-
mento docente a implantar sería unha escola de formación de adultos, de
carácter gratuíto, anque de maneira implícita aludíase tamén á posibilida-
de de prestar servicios docentes ós nenos e mozos, descendentes de gale-
gos. A eles, en particular, iría destinado o ensino do eufemística e impro-
piamente denominado “dialecto gallego”
8
. Polo demais, o plano de estu-
dios proposto incorporaba materias dirixidas a prover de certos rudimen-
tos culturais básicos e a familiarizar nas destrezas instrumentais da lectura,
da escritura e do cálculo a aqueles emigrantes que non tiveran oportuni-
dade de adquiri-lo seu dominio antes de saír polo mundo. Ó devandito
engadíase a iniciación en dous idiomas, francés e inglés. O primeiro, pro-
bablemente, pola reputación da que entón gozaba como medio habitual
de comunicación nas relacións diplomáticas e mercantís a escala interna-
cional. E o segundo por razóns obvias derivadas do contorno lingüístico
máis próximo á illa caribeña e dos fluídos contactos e intercambios de
144
7
Ibíd
. As cursivas son nosas.
8 Nunha réplica xornalística ás apreciacións críticas aparecidas no periódico
La Patria
da Habana verbo
do proxecto fundacional do Centro Galego, un colaborador de
El Eco de Galicia
subliñaba a categoría
dialectal e non idiomática do galego, significando a renglón seguido que é “menos duro que el
euska-
ro
, y otros dialectos por el estilo y que se distingue principalmente por su melodía y suavidad”, ilus-
trando tal extremo cuns versos de Rosalía de Castro ós que acompañaba de diversos testemuños his-
tóricos en defensa do citado dialecto. Ó parecer, o redactor de
La Patria
, máis ousado, catalogara de
idioma
ó galego, e o seu ensino era percibido por algúns sectores con certo receo, o mesmo que a pro-
pia iniciativa de instaurar un Centro Rexional na Illa, pola ameaza segregacionista que podía repre-
sentar para a poboación daquela provincia. A atribución do rango de dialecto ó galego por parte dos
promotores do Centro puido ter sido premeditada e intencionada, co propósito de evitar susceptibili-
dades ou reaccións impetuosas de determinados grupos de opinión proclives á unidade hispánica e con
capacidade suficiente para malogra-lo proxecto. Véxase “El Centro Gallego”, en
El Eco de Galicia
, nº
84, 9 de novembro de 1879, pp. 2-3.