lidade infantil. Datos de inmigración, se temos matrimonios de varóns ou
mulleres de lugares limítrofes. O Rexistro Civil de mortos réxese pola Lei
Provisional do 17 de xuño de 1870
4
. Non posuímos datos ata 1871, e ade-
mais nos primeiros tempos non se rexistran tódolos sucesos, como pode-
mos comprobar nos libros parroquiais. Tampouco se pode utilizar como
fonte directa porque non aparecen os falecidos no exterior, aínda que si
aparecen nos libros parroquiais. Iso é porque será o cura o que oficie os
funerais ou honras fúnebres. O funcionario civil o único que apunta son
os decesos.
ARQUIVO PARROQUIAL DAS PONTES
Contén os Libros de nacementos, casamentos e defuncións.
Posibilita o estudio de variables demográficas: as relacións de mas-
culinidade nas defuncións, e a aplicación do método de reconstrucción de
familias
5
. Aparecen mencións nas actas de matrimonio e de defunción de
varóns ausentes do reino en Indias. Das relacións de masculinidade nas
defuncións de adultos, permiten contabilizar a quen non deixou ningún
rastro nas actas, reflíctese a emigración.
112
4 Segundo investigacións de J. R. Valero Escandel.
5 Técnicas xa estudiadas por varios investigadores da Área de Historia Moderna da Facultade de
Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a dirección do profesor Eiras
Roel.