O derradeiro aporte de importancia á rexión antes das transforma-
cións acontecidas ó longo do século XX, será a dos bóers sudafricanos que,
de feito, xogarán un destacado papel nos primeiros anos de vida de
Comodoro Rivadavia. A fundación da futura cidade, que nos primeiros
tempos non pasou de ser un pequeno poboado, aconteceu no ano 1901
por decreto do goberno arxentino, dada a súa privilexiada situación no
fondo do golfo de San Xurxo como porto para dar saída á producción da
Colonia Sarmiento. Este cativo foco poboacional recibirá un ano máis
tarde a inxección da inmigración bóer, dirixida por Conrado Johanes
Neethile Visser e co decidido apoio do goberno de Bos Aires que vía nelo
a adquisición dun grupo humano altamente especializado na gandería e
que sería quen de dominar unha paisaxe tan hostil
125
. Precisamente, a
escasez de auga era unha das máximas preocupacións dos novos colonos,
e a súa insistencia ante as autoridades bonaerenses para conquerir pros-
peccións na zona derivará no descubrimento dos ricos xacementos petro-
líferos da rexión e na revitalización do enclave.
En 1884, e pola lei 1532, o territorio dividírase nas gobernacións
de Río Negro, Neuquén, Santa Cruz, Chubut e Terra de Fogo. A década
dos oitenta será tamén o comezo do lento poboamento da rexión, coa
instalación de pequenos caseríos que terán moitas dificultades para o seu
desenvolvemento, comezando polas características do terreo, do clima e
tamén pola práctica incomunicación que sufrirán ante a nulidade dunha
mínima rede de camiños. Esta situación agrávarase a medida que baixa-
mos cara o sur, onde a maior distancia provocará un retraimento da acti-
vidade poboadora, ademáis a carencia dunha política clara levada adian-
te polos diferentes gobernos arxentinos, fixo da colonización patagónica
un esforzo básicamente individual con todas as dificultades que elo con-
leva.
126
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
75
125 DU TOIT,B.M.:
Colonia boer, an afrikaner settlement in Chunut, Argentina
, Nova York 1995, p.156.
126 CIGNETTI, A.M.:
Opus cit
., p.39.