Page 71 - Dun Finisterre a outro

Basic HTML Version

1861, conquerida a unidade nacional, cando xa os gobernos de Bos Aires
poden concentrarse nos graves problemas xerados no deserto, aínda que a
guerra con Paraguai de novo freará momentaneamente estes esforzos. Os
elementos básicos dos diferentes gabinetes destos anos era, por unha
banda, fomentar a inmigración do exterior para así ter unha poboación o
suficientemente forte como para acometer a ocupación dos territotios
baleiros e, por outra, primar os intentos dunha relación pacífica cos indí-
xenas. Neste sentido a chegada ó ministerio da guerra do xeneral Xulio
Arxentino Roca, en decembro de 1877, suporá un cambio decisivo dada
a súa ardente defensa da confrontación armada como único medio para
extender e asegurar a fronteira perante a Confederación Araucana.
Paralelamente o perigo chileno cada vez faise máis evidente, sobre todo
tras a declaración do goberno de Santiago das terras ó sur do río Santa
Cruz como parte do seu territorio nacional
118
, a intervención semellaba ter
que ser urxente, como mesmamente dirá o propio Roca ante o Congreso
Nacional:
“(...) la importancia política de esta ocupación se halla al alcance de todo
el mundo. No hay argentino que no comprenda en estos momentos en que
somos agredidos por las pretensiones chilenas, que debemos tomar posesión real
y efectiva de la Patagonia.”
119
O proxecto de Roca, tras largos debates parlamentarios apróbase, e
pola lei nº 947 autorízase ó goberno a dispoñer dos fondos necesarios
para levar á práctica a lei de 1867, lei que no seu tempo quedara simple-
mente en papel mollado, e pola que se establecía a liña fronteiriza nos
ríos Negro e Neuquén. Ó mesmo tempo planéase o paulatino asentamen-
to de colonos a medida que a fronteira vai avanzando e para tal fin, a lei
dispón as condicións de venda das terras, o seu tamaño e outras especifi-
cacións ó respecto.
A campaña militar levarase adiante en dous etapas: a primeira, cha-
mada “Campaña Preliminar”, comezará en xullo de 1878 e consistirá en
campañas de acoso constante ás tolderías indíxenas. A segunda etapa, “A
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
71
118 Ademáis a circunstancia de atoparse importantes territorios patagónicos baixo o dominio araucano
era empregado como argumento chileno para reinvidicar esas terras como súas.
119 SERRES GUIRALDES, A.:
La estrategia del general Roca
, Bos Aires 1979, p. 289.