Page 47 - Dun Finisterre a outro

Basic HTML Version

desembarcará a expedición en Caleta Hornos, lugar bautizado polos des-
cubridores como “Arrecife dos leóns”. Desde xeito, e despóis de erguer
algunhas chouzas e unha pequena capela o 9 de marzal o gobernador
tomou posesión oficial da nova provincia da Coroa española
71
. Sen embar-
go, a expedición e primeiro intento colonizador da zona, rematou en tra-
xedia pola morte do mesmo Alcabaza en máns duns amotinados e o pos-
terior abandono do establecemento
72
.
Xa máis tarde, o seu sucesor Francisco Camargo (1539) chegará ata
o Estreito, e incluso nese mesmo ano se creaba unha nova gobernación ó
sul daquel accidente a beneficio de Sancho de la Hoz, seguramente pola
crenza do momento da existencia dun continente naquelas latitudes
73
. O
certo é que estas gobernacións non foron máis que papel mollado sen nin-
gunha plasmación práctica polo fracaso das respectivas expedicións. Así
Camargo marchou dende Sanlúcar chegando a territorio austral en xanei-
ro de 1539, pero as rebelións que remataron mesmo co asasinato do xefe
da empresa desfixeron calquera resultado positivo. En canto á posterior
expedición, patrocinada polo bispo de Plasencia, e mandada por Francisco
de la Ribera os resultados non foron mellores: a súa marcha, na que parti-
cipaban tres embarcacións, comezou en Sevilla no mes de agosto de 1539
e dos tres barcos un afundíuse, outro retornou e o derradeiro conqueríu
cruzar o Estreito e chegar ó Perú.
Asimesmo, o descubrimento do Estreito foi o punto de partida
doutras empresas de marcado carácter comercial e nas que o porto da
Coruña xogará un papel destacado por ter pola Real Cédula do 24 de
decembro de 1522 privilexio de Carlos I para comerciar coas Molucas,
actividade monopolizada mesmo cunha Casa de Contratación seme-
llante a de Sevilla para o comercio coas Indias Occidentais
74
. A deci-
sión tomada polo emperador de conceder ese importante privilexio á
cidade galega foi determinada por unha serie de factores, dos que habi-
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
47
71 Na actualidade esa data é festivo oficial na provincia do Chubut.
72 BARBA RUÍZ, L. :
Acontecimientos históricos de Península Valdés
, Rawson 1995, p.5.
73 MORALES PADRÓN,.F.:
Atlas histórico cultural de América
(2 Tomos), Las Palmas 1988, Tomo I, p. 236.
74 REY CASTELAO, O.: “Viaxes, exploracións e conquistas”, pp.23-27, en VV.AA
. Galicia e América.
Cinco séculos de Historia
. Santiago 1993, p.24.