cretamente dun fato de vilas (Lucaimena de las Torres, Níjar, etc) que se
volcan literalmente en canto a aporte humano nesta etapa, froito sen
dúbida dese cúmulo de interrelacións sociais, económicas e mesmo men-
tais que se adoitan chamar cadeas migratorias. Pola súa parte, os casteláns-
leoneses chegan sobre todo de provincias coma Soria, León, Burgos ou
Ávila. Estas dúas rexións non se atopan a nivel español entre as mais des-
tacadas en canto a aporte cara América no gran período da emigración
europea, polo que traballos como éste veñen a testemuñar a dificultade de
facer grandes resumos globalizadores nun campo tan complexo coma o
demográfico, onde as variacións rexionais poden dar volta completa ás
regras formuladas a nivel xeral.
No que respecta ó aporte galego hai que dicir que asistimos a unha
certa infravaloración do seu peso na documentación comodorense, como
amosa a maior presencia de mulleres que de homes nas actas matrimo-
niais o que, seguramente, ten que deberse a un importante protagonismo
da inmigración de tipo familiar, que oculta a un número importante de
galegos que chegan á localidade patagónica xa casados. Por outra banda
son as provincias do occidente do noso país (A Coruña e Pontevedra) as
principais aportadoras de inmigrantes, sobre todo a coruñesa, pola ubica-
ción no seu territorio do concello de Fisterra, sen dúbida algunha, a zona
máis estreitamente ligada ó movemento migratorio cara Comodoro, por
efecto, como xa acontecía coas localidades almerienses, das cadeas
migratorias.
Tamén aproveitamos a información aportada polas actas matrimo-
niais para facer un estudio do peso dos inmigrantes de orixe española nos
diferentes campos da vida económica comodorense. Así contemplamos
coma a colectividade peninsular non domiña somentes o sector secunda-
rio, que sería o do petróleo, senón que tamén o fai no sector servicios e
mesmo ten certa importancia no primario. É dicir, que se ven a principal
causa da chegada dos españois a Comodoro son os achados petrolíferos, o
feito é que unha vez alí, e tendo en conta as dispares fortunas de cada un
deles, prodúcese unha certa diversificación de actividades, aínda que o
traballo nas empresas petroleiras segue a ser o alicerce principal do mundo
laboral español naquela cidade.
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
291