Establecido en Río Gallegos, pronto empezaría a dirixi-la Sociedade Obreira
e logo un movemento sindical intergremial con miras a paraliza-la actividade
da zona. Os resultados non se fixeron esperar, e os obreiros, cansos da explo-
tación a que estaban sometidos, iniciaron unha serie de folgas nos anos 1921
e 1922. As primeiras peticións de comida e vivenda dignas xunto, como non,
cunha subida de salarios acabaría por converterse nunha acción armada que
puña en entredito a soberanía dun territorio, que como xa fixemos mención,
ambicionaba Chile, apoiado ocultamente polos británicos que tantos intere-
ses tiñan no comercio da lá. O conflicto creado acabou mal cando dende Bos
Aires chegou o coronel Varela e as súas tropas que dun xeito implacable e sen
ningún respeto pola vida cometeron auténticas monstruosidades como fusilar
ós obreiros cando se entregaban, eso sí, facéndolles cavar previamente as
covas nas que serían enterrados, ou, cando o tempo apremiaba, envolvendo
os seus corpos en mantas ás que logo se lles prendían lume
380
. Nestas circuns-
tancias, Soto logrou escapar cara Chile, onde nunca sería denunciado nin
devolto ás autoridades arxentinas, quizáis porque a meirande parte dos fusila-
dos eran chilenos. En Chile, formou parte da Federación Obreira
Magallánica e tamén tivo un restaurante anarquista onde só pagaba quen tiña
con que facelo. Tamén foi o responsable da fundación do Centro Galego de
Punta Arenas pero a súa entrada na historia deberíase ó feito de selo incitador
dun movemento revolucionario de triste recordo polos resultados tráxicos
nos que acabou e que levan, aínda hoxe, a que as feridas destes acontecemen-
tos estén sen curar.
O outro personaxe, D. Benigno Carro, nada ten que ver con
Antonio Soto, nembargantes, tamén el deixou a súa pegada en Río
Gallegos, se ben con resultados moi diferentes, xa que a colectividade
galega debeulle moito a este compostelán do que na actualidade se está a
preparar unha interesante biografía.
Nado en Santiago o 5 de novembro de 1886, era fillo dun maragato
de Santa Colomba de Somozas. No ano 1902 xa era bacharel e logo, no
seu paso pola universidade, serái compañeiro na facultade de Medicina de
Castelao. No ano 1910 emigrou a Arxentina, como tantos galegos, e non
sería ata o ano 1917 cando se asenta en Río Gallegos. Alí sería médico
Victor Manuel Castiñeira Castro - Alfredo Martín García
270
381 X. ALCALÁ:
Viaxes no país de Elal
. Vigo, 1992, p. 89.