cifra a menos da metade xa que empregaban uns vinte días, e aínda se
reduciría a unha semana nos anos trinta cando a duración da viaxe non
pasaba de trece días
301
. Esta reducción ten que ser un factor determinan-
te á hora de facilita-la emigración, xa que se acortaba o tempo de estan-
cia no buque e, consecuentemente, o tempo de traballo perdido no que
o emigrante non podía obter ingresos. Esta maior rapidez nos traslados
será a causante de movementos migratorios de prazo máis corto, facili-
tando o retorno e maila emigración anduriña que tanta repercusión tivo
no caso dos emigrantes galegos. Nembargantes non hai que sobrevalorar
demasiado estas melloras que parece ser non afectaron moito ós emi-
grantes. No mellor dos casos, e referíndonos a viaxes feitas despois da II
Guerra Mundial, a duración da viaxe nunca era inferior ós quince días.
Os exemplos seguintes así o parecen indicar:
“Embarquei en Vigo para Buenos Aires, nun barco inglés, o “England
Monarch” e puxemos vintedous días de viaxe, nel xa me ofrecían traballo para
que me quedara...”
“Había barcos como el “Juan de Garaiz” que hacían la travesía en veinte
y cuatro días, eran barcos antiguos, no tenían máquinas... Cuando vinimos de
regreso en el año 54, salimos de Santa Cruz a Buenos Aires y de allí a Vigo en
el “Monte Luaz”. Desde Buenos Aires pusimos dieciocho días con las escalas
en Montevideo, Bahía y Tenerife...”
“O día un de novembro cando embarcamos chovía. Puxéronnos a todos
en fila india e iamos subindo a bordo. Alí estivemos no barco ata o día dous que
zarpamos. Cando saíamos do porto mirei para Vigo e díxenme
“Adiós España
que xa non volvo máis”
. Tardamos dous días en chegar a Canarias. Eramos
oitocentos pasaxeiros e alí completamos os mil. Recordo que nas Canarias des-
cubriron un polizón. Todos tivemos que saír ó corredor para mostra-las pasa-
xes... Chegamos o dezasete de novembro...
302
.
Aínda que se foron introducindo algunhas mellorías, a viaxe a
América para os emigrantes era un verdadeiro “mal trago”. As condicións
da viaxe en terceira clase eran precarias, aínda avanzado o presente século.
Victor Manuel Castiñeira Castro - Alfredo Martín García
210
301 Ibidem, 1994, p. 590.
302 Entrevistas a Ramón Traba, Luis Santamaría e Carmen Fernández. Todas as viaxes tiveron lugar na
década dos cincuenta.