Page 151 - Dun Finisterre a outro

Basic HTML Version

perda humana. Así nas partidas matrimoniais aparecen nomes como
Níjar, sen dúbida a poboación máis importante de todas, Lucainena de las
Torres ou Albox. Das restantes provincias andaluzas destacaríamos a de
Málaga e xa cun menor aporte Granada.
Tras Almería, e cunhas porcentaxes sensiblemente menores, apare-
cen por unha banda o principado de Asturias e a provincia castelá de
Soria. Do aporte da primeira pouco máis hai que dicir do que xa comen-
tabamos con anterioridade, tan só, que os datos confirman a súa forza no
panorama comodorense; o caso de Soria é máis complexo fundamental-
mente pola escasez de estudios sobre os procesos migratorios hacia
América xa non a nivel provincial, senón tamén no ámbito rexional;
dende logo, a provincia soriana é unha dos típicos exemplos de zona inte-
rior moi ruralizada e que ó longo do presente século vai perdendo poboa-
ción xoven da man de emigración, xa sexa campo-cidade (e non esqueza-
mos a certa proximidade de Madrid ou Zaragoza), xa sexa internacional,
e neste aspecto, a lo menos no aporte soriano á emigración a America
semella que foi ata o de agora subestimado, sería pois moi desexable un
estudio a nivel local do fenómeno.
No mundo rexional castelán-leones atopámonos tamén con outras
provincias cun papel destacado; por unha banda León, a terra de maraga-
tería, cunhas relacións con America moito máis coñecidas que o caso
soriano, ademáis de Burgos e Ávila. Asimesmo, aínda que con menos
forza, habería que destacar o aporte das provincias de Zamora, Salamanca
e Valladolid.
No caso galego, son as terras da orla Atlántica, as provincias da
Coruña e Pontevedra, as que monopolizan a marcha a Comodoro, por
suposto, e como xa sinalábamos no caso almeriense, eiqui tamén hai unha
importante concentración dos emigrantes nalgunhas localidades, funda-
mentalmente e se falamos da provincia da Coruña a comarca de Fisterra
semella ser o foco principal. A forza deste aporte galego vai reducíndose ó
irmos alonxando da costa, aínda así a provincia de Ourense ten certa
importancia frente a de Lugo cunha representación moito máis discreta.
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
151
218 FERNÁNDEZ, A. e SABORIDO, J.: “Petróleo e inmigración: los andaluces en Comodoro
Rivadavia”, pp.211-217, en
Revista de Indias
, nº 200, Madrid 1994, p.213.