Page 13 - Dun Finisterre a outro

Basic HTML Version

Con este traballo pretendeuse exemplificar nun caso práctico e
concreto as características, (tanto económicas, como sociais, mentais...)
que os estudios a nivel xeral defenden para o fenómeno migratorio gale-
go, lográndose unha correspondencia bastante satisfactoria entre ambo-
losdous.
Toda obra de investigación, e esta máis que ningunha, é debedora
de gratitude a unha serie de persoas que contribuíron notoriamente coa
súa desinteresada axuda á fructificación do noso traballo investigador.
Sobra dicir que o noso agradecemento ó Centro Galego de Comodoro
Rivadavia non pode ser medido nunhas poucas palabras. Á marxe do cari-
ño amosado por toda a colectividade galega en xeral, temos que deixar
constancia do valioso apoio que supuxeron para nós os membros da súa
xunta directiva, en especial o seu presidente D. Ricardo Armesto e o seu
vicepresidente D. Paulino González, sen que isto sexa menoscabo para os
demais ós que tamén lles estamos moi agradecidos por tódolos bós
momentos compartidos con eles.
Por outra banda, non foi menos decisiva a contribución da doutora
Susana Torres, a nosa débeda con ela non será xamais esquecida, xa que
xunto coa valiosísima aportación documental por ela suministrada, tamén
hai que engadir a súa xenerosa hospitalidade e familiar trato, que fixeron
a nosa estancia moito máis levadeira. Non podemos tampouco esquecer as
facilidades dadas polo persoal docente da Universidade Nacional da
Patagonia, personificado nos profesores Daniel Márquez, Carlos Bellido e
Nilda M. Filippini.
Asimesmo, é de xustiza lembrar aquí a aportación certamente
importante de D. Ernesto Ínsua, que entusiasmado con este proxecto,
puxo todo canto estaba na súa mán (concertación de entrevistas con emi-
grantes retornados, acceso a diversa documentación, etc) para o bó desen-
lace da investigación. Pola mesma razón, D. Rafael Mouzo tamén debe
figurar nestes agradecementos.
Por último, temos que destacar a receptividade que amosou dende o
primeiro momento D. Fernando Amarelo de Castro, sen o cal esta obra
non vería a luz. É de agradecer a súa decidida política de publicacións de
obras relacionadas coa emigración galega que, sen dúbida algunha, será un
Dun Finisterre a outro: A emigración galega á Patagonia
13