Como se escolle o profesorado que vai a impartir os seminarios?

O profesor ou profesora será designado pola Secretaría Xeral da Emigración, de conformidade co establecido na resolución na que se establece a convocatoria para inscribirse como formadores/as colaboradores/as para impartir seminarios fóra de Galicia ou, se é o caso, por solicitude motivada da entidade na cal propoña un/unha profesor/a para impartir o seminario, condicionada á realización de circuitos entre as distintas entidades que realicen os seminarios.