Rexistrarase a documentación presentada por fax polas entidades?

Non. Debido á nova normativa sobre rexistros, este ano non se poderá rexistrar nin as solicitudes nin a documentación que presenten por fax as entidades. Polo tanto, a documentación presentada por fax non terá validez aos efectos de constancia de presentación nin de cumprimento dos prazos.

Aos únicos efectos de axilizar a xestión dos expedientes, é conveniente que, especialmente as entidades de fóra de Europa, adianten por fax a documentación que estean remitindo por correo postal certificado, para que se teña constancia na Secretaría Xeral da Emigración e se poida ir analizándoa mentres non cheguen os orixinais por correo postal. Pero este adianto por fax non terá validez se non chegan os orixinais por correo postal e no prazo establecido.