Requirimentos: como se efectuarán os requirimentos ás entidades?

Tanto na fase de solicitude como na fase de xustificación, os requirimentos deben ser atendidos na súa totalidade e nos prazos establecidos.

De acordo co establecido nas resolucións de convocatoria, o prazo de 10 DÍAS establecido nos requirimentos computarase desde a publicación do requirimento no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web GaliciaAberta - http://emigracion.xunta.es (en concreto, no apartado Listas a convocatorias).

Enviarase unha única comunicación aos correos electrónicos das entidades, na que se lles avisará da publicación do requirimento.

No caso de non achegar a entidade nese prazo toda a documentación requirida teráselle ben por desistido da súa solicitude ou ben, no caso da xustificación, perderá o dereito ao cobro da subvención concedida.