Promoverase pola Secretaría Xeral da Emigración a “Fusión ou unión de entidades galegas”?

Si. Primaranse as solicitudes que presenten aquelas entidades galegas de nova creación que acrediten, de acordo co establecido nos seus estatutos, que a súa constitución é o resultado da unión doutras ou con outras entidades galegas, que no seu día estivesen inscritas no rexistro de comunidades galegas da Secretaría Xeral da Emigración, sempre que esta unión tivera finalizado a partir do 1 de xaneiro de 2011.

Tamén, entre as finalidades do Programa 1 inclúense os gastos administrativos e legais derivados do proceso de unión.