Que outras cuestións importantes na tramitación dos expedientes deberán terse en conta?

  • Para poder ser anotada no Rexistro de entrada da Secretaría Xeral da Emigración, toda a documentación que remitan as entidades galegas deberá vir acompañada dun escrito (carta ou oficio), no que conste a descrición dos documentos que se achegan, e dirixido á Secretaría Xeral da Emigración, Basquiños, nº 2. 15704. Santiago de Compostela.
  • Tal como se indicou anteriormente, non se rexistrará a documentación que presenten por fax as entidades. Polo tanto, a documentación presentada por fax non terá validez ningunha aos efectos de constancia de presentación nin de cumprimento dos prazos.
  • Para axilizar a tramitación dos expedientes é imprescindible que, coa maior brevidade posible, se acheguen os documentos orixinais por correo postal ou mediante entrega directa.
  • É moi conveniente o contacto telefónico cos ou coas funcionarios/as da Secretaría Xeral da Emigración para resolver axilmente as dúbidas que xurdan na tramitación dos expedientes (Tel.: +34 981 545 833, +34 981 957 160).
  • A solicitude e a documentación que deba presentarse de acordo co disposto nestas bases, deberá ser asinada polo/s ou pola/s representante/s legal/is das entidades solicitantes.