Esta bolsa é compatible con outras bolsas ou axudas?

Esta bolsa é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar estudos de máster. Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.