Deberán ser realizadas as accións subvencionadas na súa totalidade?

Si. As entidades deberán realizar as accións que aparezan na solicitude presentada na súa totalidade, tanto nas finalidades como nos importes. A segunda solicitude reformulada presentada pola entidade (sempre que mereza a conformidade da Secretaría Xeral da Emigración) ou a primeira (se non se houbese presentado a reformulación ou esta non fose aceptada), deberá ser executada íntegramente, ao 100 %.

Se a entidade non executase na súa totalidade, tanto nas finalidades como nos importes, as accións que consten ben na solicitude reformulada (no caso de presentarse esta) ou ben na primeira solicitude (no caso de que non se optase pola reformulación), o pago da subvención sería proporcional, minorándose en proporción á cantidade xustificada.

Polo tanto, con independencia da subvención que lle poida conceder a Secretaría Xeral da Emigración, é moi importante que as entidades non inclúan nas súas solicitudes nin máis accións nin máis gasto do que realmente vaian realizar antes do 31 de outubro de 2012.