Que cambios se realizan no ano 2013 nos Anexos a presentar polas entidades?

A) Modelo único de solicitude en cada convocatoria. Este ano, para os dous programas incluídos en cada unha das dúas convocatorias, o modelo para que unha entidade presente as súas solicitudes é único (Anexo I). Cada entidade solicitante deberá cubrir nos apartados “Finalidade e importe” e “Custo das accións” o que corresponda ao programa que, en cada caso,  queira solicitar. 

B) Chegado o momento de presentar as reformulacións das súas solicitudes, o modelo para que unha entidade presente as súas solicitudes reformuladas tamén é único (Anexo III).

C) Pero os outros anexos, Anexo II, Anexo IV e Anexo V (referidos respectivamente ás declaracións na fase de solicitude, a relación de facturas e ás declaracións na fase de xustificación), deben ser cubertos polas entidades solicitantes individualmente para cada programa solicitado (un anexo para cada un dos programas), indicando no recadro correspondente a que programa corresponde en cada caso.