Cales son os programas de subvencións en favor das entidades galegas no exterior, que a Secretaría Xeral da Emigración constitúe no ano 2013?

I.- Resolución  de programas de actuación en favor das comunidades galegas:

  • Programa 1. Axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades galegas no exterior.
  • Programa 2. Axudas ás entidades galegas no exterior para proxectos culturais, promovidos pola xuventude e accións informativas

(este programa engloba os catro programas do ano anterior referidos ás finalidades que se indican no título)

(Respecto ao ano anterior suprímese no programa 2, como finalidade subvencionable, as accións socioasistenciais que realicen as entidades galegas no exterior)

II.- Resolución  de programas de apoio infraestrutural en favor das comunidades galegas:

  • Programa A. Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións
  • Programa B. Axudas a entidades galegas no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.

(Os investimentos que realicen as entidades nas súas bibliotecas poderán ser incluídos no programa A ou B, segundo corresponda pola súa finalidade).