Revistas dos Centros Galegos

  • Anduriña, Nº 80 , Ano 26 - Decembro 2017
    Anduriña, Nº 80 , Ano 26 - Decembro 2017 - 2017 - Centro Gallego de México, Asociación Civil

    Nº 80 (de decembro de 2017) da revista Anduriña do Centro Gallego de México. Inclúe informacións como a participación da entidade no XX Festival Infantil organizado pola Junta de Covadonga, os diferentes campionatos deportivos organizados polo Centro, as celebracións do Santiago Apóstolo, a Noite de Bruxas, a Romaría do San Martiño, a elección da nova Madriña, etc., un obituario de Ramiro Justo Ogando, as habituais seccións de opinión, receitas, cadansúa reportaxe sobre o Festival 'Gaitas e máis gaitas' e o curso de danza galega, e unha entrevista co músico arousán Cristian Silva.

  • La Revista de AEGAMA, Nº 23 - Verán 2017
    La Revista de AEGAMA, Nº 23 - Verán 2017 - 2017 - Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA)

    Número 23 (verán de 2017) de La Revista de AEGAMA, que edita a Asociación de Empresarios Gallegos en Madrid (AEGAMA). Ademais do saúda do presidente da entidade recolle entrevistas con Francisco Conde López, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, e Alfredo Blanco, Director General de S4 Correduría de Seguros, Gerencia de Riesgos y Consultoría Legal; a información sobre os xantares co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e con Antonio Gahete Díaz; o Convenio de Colaboración Financeira de AEGAMA e o Banco Santander; a Misión Comercial USA-Ourense; o IV Encontro de Empresarios Galegos do Mundo etc.

  • Vía da Prata, Nº 4
    Vía da Prata, Nº 4 - 2017 - Federación de Centros Gallegos en Andalucía, Ceuta y Extremadura

    Número 4 (de xullo de 2017) de Vía da Prata, publicación da Federación de Centros Gallegos en Andalucía, Ceuta y Extremadura. Ademais dos saúdas institucionais, recóllense algunhas das actividades celebradas pola Federación e os distintos centros ao longo do ano, así como da súa VIIIª Xuntanza, que nesta edición tivo lugar na localidade gaditana de El Puerto de Santa María e, tamén, a presenza da Federación na canle televisiva autonómica andaluza Canal Sur, co gallo da celebración do Día de Andalucía 2017.

  • Nova Andaina, Nº 34 - 2017
    Nova Andaina, Nº 34 - 2017 - 2017 - Casa de Galicia en Santurtzi

    Número 34 (2017) da revista Nova Andaina da Casa de Galicia en Santurtzi. Ademais dos saúdas do presidente da entidade e autoridades galegas e vascas, recolle unha homenaxe polo pasamento de José María Alfonso García "Muíño"; unha escolma das numerosoas actividades desenvolvidas ao longo do ano polo centro galego na vila biscaíña: Día das Letras Galegas, actuacións da Corxa Airiños Galegos Doce Albor, Entroido, Magosto, viaxes, conferencias, campionatos e cursos, sección de poemas etc.

  • Anduriña, Nº 84
    Anduriña, Nº 84 - 2017 - Lar Gallego de Sevilla

    Número 84 (de xuño de 2017) da revista Anduriña, publicación do Lar Gallego de Sevilla. Realízase unha homenaxe polo pasamento de Antonio Patiño Gacio, vicepresidente do Lar Gallego de Sevilla e presidente da Federación de Centros Gallegos en Andalucía, Extremadura y Ceuta; entrevistas a José Tomé Roca, alcalde de Monforte de Lemos; María del Monte, cantante de sevillanas e copla; Pablo Villanueva, xerente do pazo As Barreiras; Viruca Yebra, xornalista e escritora; e Luis Miguel Sánchez Alonso, da Pulpería de Arzúa (A Coruña), ademais da refencia á renovación da Xunta Directiva, as habituais seccións de Cultura, a actividade no Lar, Axenda etc.

  • A Nosa Eira, Nº 2
    A Nosa Eira, Nº 2 - 2017 - Centro Galego de Valencia

    Nº 2 (de maio de 2017) da revista A Nosa Eira, publicación do Centro Galego de Valencia. Neste segundo número atopamos un especial sobre o Día das Letras Galegas 2017, dedicado na presente edición a Carlos Casares, a información sobre a actuación da Banda de Gaitas Celturia con Carlos Núñez, e un percorrido polas distintas actividades sociais e culturais desenvolvidas pola entidade ao longo deste período, cursos, información para asociarse etc.

  • Anduriña, Nº 79 , Ano 26 - Maio 2017
    Anduriña, Nº 79 , Ano 26 - Maio 2017 - 2017 - Centro Gallego de México, Asociación Civil

    Nº 79 (de maio de 2017) da revista Anduriña do Centro Gallego de México. Contén a información sobre as diferentes actividades realizadas pola entidade como a romaría do San Martiño e as festas da Posadita, Posada do Nadal 2016 e, xa no 2017, a Chocolatada dos Reis Magos, Entroido, Ramallosa, Semana Santa e Asemblea Xeral 2017, a Jira do 1º de maio, o Meet & Greet que o grupo 'Luar na Lubre' ofreceu no Centro durante a súa xira polo país azteca, as actuacións dos grupos folclóricos da entidade, o torneo de dominó, artigos de opinión, sobre o Día das Letras Galegas 2017, receitas, reportaxes sobre lugares de Galicia ou a presentación das 'Bolsas Excelencia Mocidade Exterior'.

  • Ultreia, Nº 5
    Ultreia, Nº 5 - 2017 - Centro Cultural Amigos de Galicia

    Nº 5 (de abril de 2017) da revista Ultreia, publicación do Centro Cultural Amigos de Galicia (Reñaca, Viña del Mar - Chile). Ademais da editorial atopamos o relato da experiencia de Fco. Javier de Almozara Valenzuela (presidente da Hermandad del Apóstol Santiago de Chile) na súa peregrinaxe a Compostela; unha reportaxe sobre o gaiteiro chileno Eduardo Zúñiga Rebolledo, sobre perfís de asociados/as e outra fotográfica das actividades celebradas pola entidade; receitas; ou as novidades do obradoiro de lingua e cultura galega e da Biblioteca da entidade. 

  • Caballeros de Santiago, Nº 45
    Caballeros de Santiago, Nº 45 - 2017 - Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago

    Número 45 da revista Caballeros de Santiago, que recolle a actividade da entidade galega de Salvador de Baía no período 2014-2016. Ademais do editorial do presidente, recolle artigos sobre os actos realizados ao longo destes dous anos polo centro no eido cultural; informacións tamén de crácter institucional; e tamén no campo académico, con referencias aos cursos de formación organizados pola Asociación Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago.

  • Xurdimento, Nº 30
    Xurdimento, Nº 30 - 2017 - Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia)

    Número 30 (febreiro de 2017), da revista Xurdimento do Centro Galego de Lleida. Inclúe, ademais dos saúdas das autoridades, unha entrevista con Begoña Domínguez Farré; unha homenaxe a Paquita Descamps Camps; artigos de actualidade, culturais, de viaxes e opinión; e a memoria das actividades sociais e culturais desenvolvidas polo centro ao longo de 2016, con atención especial á Semana Cultural que anualmente organiza a entidade, e a revista de prensa correspondente ao último ano.

Páxinas