Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
09Decembro2022Miranda agradece aos centros galegos de Cataluña o esforzo para render unha sentida homenaxe á emigración galega nesta comunidade audio O secretario xeral da Emigración asistiu esta tarde en Cornellà ao ensaio xeral da gala “Unha xeración. Dous mundos” organizada pola colectividade galega en colaboración coa Xunta de Galicia. A gala, que se desenvolverá mañá no Gran Teatre del Liceu de Barcelona, contará coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu esta tarde ao ensaio xeral do... Máis información
-
09Decembro2022A Asociación Cultural Libro Vivo presenta a Rodríguez Miranda un proxecto para visibilizar a modernización social de Galicia a través da construción de escolas no rural grazas ao aporte da emigración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, coñeceu o proxecto sobre a modernización de Galicia a través da construción das escolas no rural galego executadas grazas ao aporte económico da emigración, que está a realizar a Asociación Cultural Libro Vivo. Na reunión estiveron presentes o presidente desta entidade, Carlos Breixo, así como do investigador Vicente Peña e do concelleiro popular de Ortigueira, Valentín Calvín. ... Máis información
-
09Decembro2022As e os investigadores dos centros públicos galegos contarán cun estatuto que facilitará o retorno do talento investigador grazas a unha maior estabilidade e calidade laboral audio A Xunta iniciou os trámites para aprobar un decreto que fixará un marco laboral que oriente a contratación do futuro. Nestes intres atópase aberto o prazo da consulta pública previa para recibir achegas do colectivo coa previsión de que estea aprobado no “primeiro semestre” do ano que vén. Óptase polo réxime laboral por ser o que mellor se adapta aos perfís e necesidades dos centros a través dun sistema que busca a excelencia. O persoal... Máis información
-
08Decembro2022Jorge Fernández, do Centro Galego de Tenerife, destaca o valor de colaborar na difusión do Camiño de Santiago a través do programa Conecta co Xacobeo da Secretaría Xeral da Emigración audio O galego Jorge Fernández Castro, socio do Centro Galego de Tenerife, participou fai unhas semanas no programa Conecta co Xacobeo que organizou a Secretaría Xeral da Emigración co obxectivo de que as persoas vinculadas a entidades galegas de todo o mundo puideran coñecer o Camiño de Santiago e posteriormente converterse en embaixadoras e embaixadores do mesmo nos seus países de residencia. Jorge Fernández conta, no seguinte vídeo, a súa... Máis información
-
07Decembro2022As delegacións da Xunta en Arxentina e Uruguai coñecen as iniciativas para a capacitación e incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, trasladaron aos delegados da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro e Elvira Domínguez, o traballo que se está a desenvolver nestes intres para a posta en marcha de programas que faciliten a incorporación de traballadoras e traballadores retornados a sectores de alta demanda laboral... Máis información
-
06Decembro2022A Secretaría Xeral da Emigración contará cun orzamento propio de 19,5M€ que chegarán ata os 27 grazas a programas específicos para fomentar o emprego entre as e os retornados audio A Secretaria Xeral da Emigración aumentará o seu orzamento para 2023 apostando polo apoio aos galegos e galegas do exterior e potenciando o retorno, chegando así ata os 19,5M€ propios aos que se deben sumar os 7,5M€ que a Consellería de Emprego ten consignados para o próximo ano de cara a poñer en marcha novos programas específicos de formación, incentivos á contratación e fomento do emprendemento por parte das e dos emigrantes retornados.... Máis información
-
05Decembro2022Rodríguez Miranda destaca na Radio Galega o labor da primeira Estratexia Galicia Retorna que permitiu, dende 2018, enriquecer e rexuvenecer a sociedade galega audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa 'A Crónica' da Radio Galega que a Xunta puxo en marcha a Estratexia Galicia Retorna en 2018, unha oportunidade tanto para as e os que queren regresar como para a propia comunidade autónoma. Deste xeito, esta primeira estratexia contribuíu a enriquecer á sociedade galega co regreso de máis de 28.000 galegas e galegos de 40 países de todo o mundo. Ademais, tamén... Máis información
-
04Decembro2022Emigración dedica un vídeo homenaxe aos galegos e galegas do exterior que participaron nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 audio A Secretaría Xeral da Emigración dedica un vídeo en homenaxe ás galegas e galegos do exterior que participaron nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 e que agora serán embaixadores do Camiño de Santiago e de Galicia nos seus lugares de residencia. En total participaron case 350 persoas en ambos programas, realizando pequenas etapas da Vía da Prata e do Camiño Portugués no caso das e dos maiores de 65 anos, e percorrendo os últimos... Máis información
-
03Decembro2022A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega reforzarán a dixitalización de fondos de sociedades do exterior audio No marco da reunión entre os representantes de ambas entidades fíxose un balance das actividades desenvolvidas en colaboración ao longo deste ano. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda e a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodíguez Miranda revisaron as actuacións conxuntas para o coñecemento e divulgación da emigración galega no marco da xuntanza... Máis información
Páxinas |