Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Setembro2023Miranda traslada ás e aos empresarios a oportunidade que supón para a competitividade de Galicia o retorno de profesionais de alta cualificación a través da Estratexia Galicia Retorna audio O secretario xeral da Emigración clausurou o Foro Retorno Emprego organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo para coñecer, da man da Fundación Nortempo, o programa Retorna Cualifica Emprego da Xunta de Galicia. Segundo lles trasladou Antonio Rodríguez Miranda, o emprego é imprescindible para asentar á poboación, e á vez, estas e estes galegos do exterior aportan unha experiencia única para favorecer a dinamización e... Máis información
-
26Setembro2023Escolma das imaxes da homenaxe ás entidades galegas do exterior centenarias durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado en Ourense audio A Secretaría Xeral da Emigración publica as fotografías realizadas durante a entrega da homenaxe ás entidades galegas do exterior de máis de cen anos durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas en Ourense. A Xunta de Galicia quixo destacar así o importante labor de preservación e divulgación da cultura e tradicións galegas que 19 delas veñen levando a cabo desde hai máis dun século. En concreto, entregóuselle unha placa... Máis información
-
25Setembro2023Emigración publica unha selección das fotografías do XIII Consello de Comunidades Galegas celebrado en Ourense audio A Secretaría Xeral da Emigración publica unha selección das mellores fotografías realizadas durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas que se celebrou esta pasada fin de semana en Ourense. A Xunta de Galicia reuniu así a representantes de 80 entidades do exterior nun pleno que foi inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, e no que se recoñeceu o importante labor de preservación e divulgación... Máis información
-
25Setembro2023Emigración lembra que o próximo venres, día 29, remata o prazo para solicitar as Axudas ao Retorno Emprendedor audio A historia da galega retornada do Brasil, a deseñadora Karol Farias, que publica hoxe a web GaliciaAberta, é un exemplo do apoio da Xunta ao regreso a Galicia para a posta en marcha dun negocio, no seu caso no concello de Lugo. As e os interesados poden informarse tamén a través da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno que existe en cada provincia. A Secretaría Xeral da Emigración lembra que o próximo venres, 29 de setembro,... Máis información
-
24Setembro2023O XIII Consello de Comunidades Galegas avala o novo impulso das políticas pioneiras de retorno en Galicia audio Precisamente, en materia de retorno, apóstase por crear unha rede sólida para as e os retornados dende os propios países de orixe, así como instar ao Goberno do Estado a que facilite a adaptación da lexislación para superar os atrancos que se atopan as familias retornadas en relación a permisos de traballo, baixas consulares ou homologación de títulos, entre outros. No eido da galeguidade, o órgano aposta por potenciar o traballo conxunto das... Máis información
-
23Setembro2023Ángeles Vázquez pon en valor o papel das entidades galegas do exterior como a mellor representación da comunidade en todo o mundo audio A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, puxo en valor o papel das entidades galegas do exterior como a mellor representación da Comunidade en todo o mundo. Durante a súa intervención no acto de clausura do XIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas, que tivo lugar en Ourense, a vicepresidenta segunda incidiu na importancia de garantir a permanencia dos centros galegos do exterior... Máis información
-
23Setembro2023O XIII Consello de Comunidades Galegas renova a súa comisión delegada coa entrada de cinco novas entidades audio O XIII Consello de Comunidades Galegas renovou no día de onte, coa votación das entidades galegas do exterior, das e dos membros do plenario por cada área xeográfica, a súa Comisión Delegada que contará con 13 membros dos que cinco estréasen no cargo. Trátase do Centro Gallego de Marsella na área de Europa, África e Asia; do Centro Galego ENBurgos, a Asociación de Casas de Galicia de Barcelona e provincia, e do Lar Gallego de Pamplona na área... Máis información
-
22Setembro2023Rueda garante o apoio da Xunta ás galegas e galegos no exterior que decidan volver a Galicia marcando como obxectivo 30.000 persoas retornadas en 2026 audio Sitúa a Galicia como pioneira na posta en marcha de medidas para facilitar o retorno e salienta o papel da Estratexia Galicia Retorna 2023-2026. Destaca que non se trata só de darlles unha “segunda oportunidade”, senón que tamén “axuden a construír a Galicia do futuro”. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, garantiu hoxe o apoio ás galegas e galegos no exterior que decidan volver a Galicia, marcando como obxectivo acadar que na altura de 2026... Máis información
-
21Setembro2023A Comisión Delegada do XII Consello de Comunidades Galegas mantén en Ourense a derradeira reunión de traballo antes da súa renovación audio A Comisión Delegada do XII Consello de Comunidades Galegas mantivo en Cenlle, no balneario de Laias, a derradeira reunión de traballo antes da súa renovación, que terá lugar ao longo do día de mañá venres, e o sábado 23, durante a celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas. Durante estes dous próximos días, 80 entidades galegas buscarán, a través do desenvolvemento de catro relatorios, aportar ideas e proxectos nos eidos cultural,... Máis información
-
20Setembro2023O secretario xeral da Emigración destaca na TVG a importancia da celebración do XIII Consello de Comunidades Galegas en Ourense para a colectividade galega do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou no programa Bos días da TVG a importancia que para a colectividade galega do exterior ten a celebración durante os próximos tres días do XIII Consello de Comunidades Galegas que reunirá en Ourense a 80 representantes de entidades galegas de América, Europa e das comunidades autónomas. Durante a súa intervención no programa matinal da canle pública galega, destacou os temas... Máis información
Páxinas |