Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
02Marzo2022Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos e galegas do exterior o Ciclo de cine Mestre Mateo audio Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende marzo a decembro os catro filmes finalistas nas categorías tanto de mellor longametraxe como de mellor documental nos premios Mestre Mateo. O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou, xunto ao director da AGADIC, Jacobo Sutil, e ao presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, o programa do Ciclo de cine Mestre... Máis información
-
02Marzo2022Emigración presenta hoxe por Facebook Live o Ciclo de cine Mestre Mateo para os galegos e galegas do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presenta hoxe, 2 de marzo, ás 13 horas (hora local de España) a través do Facebook Live de GaliciaAberta o novo Ciclo de cine Mestre Mateo para os galegos e galegas do exterior. Nesta presentación estará acompañado do director xeral de AGADIC, Jacobo Sutil, e do presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra. O Ciclo Mestre Mateo é unha programación estable de... Máis información
-
28Febreiro2022O Centro Galego de Lleida presenta o número 35 da súa revista Xurdimento dentro da súa Semana Cultural 2022 audio O acto contou coa presencia do presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou Lorenzo. O venres día 25 de febreiro de 2022, ás 20:30 horas, e cun cheo total no local social do Centro Galego de Lleida, procedeuse á presentación do número 35 da revista Xurdimento, a cargo de Xesús Palmou Lorenzo, presidente da Academia Xacobea e exconselleiro da Xunta de Galicia. A presidenta interina do Centro e o secretario deron a benvida a todas e todos os... Máis información
-
28Febreiro2022A Fundación Luis Seoane analiza a cultura gastronómica galega e mexicana no novo episodio do seu podcast “Galicia é migrante” audio A Secretaria Xeral da Emigración presenta un novo episodio do podcast que realiza a Fundación Luis Seoane, “Galicia é migrante”, e no que, nesta edición, se analiza a cultura gastronómica galega e mexicana. Este proxecto, que conta co apoio da Secretaría Xeral, permite ofrecer información tanto sobre as galegas e galegos do exterior como sobre as e os novos galegos chegados de outros países do mundo, aportando entrevistas, actualidade e humor... Máis información
-
27Febreiro2022Miranda analiza coa Asociación de Empresarios Galegos en Portugal os proxectos futuros da entidade audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Lisboa un encontro con Francisco Guisado, representante da Asociación de Empresarios Galegos en Portugal, no que analizaron os proxectos planificados para os próximos meses pola entidade, dentro dos contactos habituais de colaboración da Secretaría Xeral coas asociacións de empresarias e empresarios do exterior. Durante esta reunión, tamén se puxeron sobre a mesa as... Máis información
-
27Febreiro2022O secretario xeral da Emigración valora positivamente o labor da Sociedade Española de Beneficiencia de Lisboa durante a pandemia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo en Lisboa un encontro co presidente da Sociedade Española de Beneficiencia, José Aser Castillo Pereira, con quen analizou a actual situación tras dous anos de pandemia. Miranda agradeceu o importante labor que realizou esta entidade durante estes dous “difíciles e complexos anos” e destacou o traballo “serio e intenso” realizado dende esta asociación para paliar as... Máis información
-
26Febreiro2022Javier Caprarelli conta a súa experiencia como bolseiro BEME, que lle permitiu poñer en marcha un negocio en Galicia xunto á súa familia audio A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegos e galegas poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. Javier Caprarelli optou por solicitar unha bolsa BEME para facer un mestrado na Universidade de Vigo que lle permitira vir a España a estudar e emprender á vila dos... Máis información
-
25Febreiro2022Miranda destaca a importancia da instalación da nova sede da UNED no Centro Galego de Lisboa para impulsar a actividade do mesmo entre a mocidade audio O secretario xeral da Emigración participou na inauguración da segunda aula que a universidade a distancia española crea en Portugal, despois da de O Porto. Dende a Xunta destácase que a colaboración entre administracións públicas españolas e entidades galegas do exterior permite ofrecer mellores servizos que permitan xerar máis prestacións que poidan incluso servir, coma neste caso, de impulso ao retorno. O secretario xeral da Emigración,... Máis información
-
24Febreiro2022Emigración lembra que o próximo 28 de febreiro remata o prazo de solicitude das axudas destinadas a obras e adquisición de equipamentos para as entidades galegas do exterior audio Este ano mantense a convocatoria para a adquisición de aplicacións informáticas de xestión que permitan facilitar a comunicación co Rexistro de Comunidades Galegas e a solicitude e xustificación de axudas á Administración. En total, destinaranse a este fin 575.000 euros. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o próximo 28 de febreiro remata o prazo de presentación das solicitudes da liña de axudas para as entidades galegas do exterior... Máis información
-
23Febreiro2022O próximo 9 de xullo celebrarase o VI Día da Galicia Exterior en Santiago de Compostela audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, trasladou a data a tódolos centros galegos do mundo animándoos a participar nunha cita lúdica e festiva que se agarda “histórica”. Esta xornada telemática foi seguida por máis de 150 representantes dos galegos e galegas nos diversos países de América e Europa, así como das diferentes comunidades autónomas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou esta... Máis información
Páxinas |