Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
10Marzo2022A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega amplían a colección 'Clásicos da emigración' cunha obra pioneira nos estudos sobre América audio O tratado desta investigadora foi novidoso nos estudos sobre América e os vínculos coa emigración galega dende os séculos XVI ao XIX. Trátase do último volume en incorporarse á colección que axuda a mellorar o coñecemento do fenómeno migratorio. A Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega presentaron esta mañá, na sede do Consello, o novo libro da colección 'Clásicos da emigración' cunha obra sobre a emigración galega a... Máis información
-
09Marzo2022Aberto o prazo de inscrición para o programa “Merlo” de mentoras e mentores para emprendedores galegos e galegas retornadas apoiado por Emigración audio O obxectivo desta iniciativa, que chega así á súa segunda edición, é apoiar e acompañar ás e aos galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos. O programa xurde da colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Fundación Ronsel. O programa “Merlo” de mentorización para emprendedoras e emprendedores galegos retornados acaba de abrir o prazo de inscrición para aquelas e aqueles interesados en participar... Máis información
-
09Marzo2022A Xunta convoca unha nova edición de obradoiros duais para formar a 1.600 persoas sen emprego, nos que teñen prioridade as galegas e galegos retornados audio A nova edición prevé que concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal desenvolvan uns 80 talleres. A dotación dos obradoiros supera os 42M€, un 23% máis que na anterior convocatoria. O período de formación e contractual do alumnado esténdese dos 9 aos 12 meses. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o próximo 8 de abril. O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a convocatoria dos obradoiros duais de... Máis información
-
08Marzo2022Miranda recibe ao representante das e dos empresarios galegos en Portugal para seguir avanzando en liñas de colaboración audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta semana en Santiago de Compostela ao presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Portugal, Francisco Guisado, con quen continuou a analizar as liñas de colaboración que xa se comezaron a perfilar durante a reunión que ambos mantiveron en Lisboa o pasado mes de febreiro. Sobre a mesa tamén se debateron cuestións como a actual situación internacional e os seus... Máis información
-
08Marzo2022Declaración institucional da Xunta polo 8-M: Día Internacional da Muller audio En 2022 cúmprense 70 anos desde que Nacións Unidas instaurou o 8 de marzo como o Día Internacional da Muller, aínda que non foi ata 1975 cando se conmemorou por primeira vez cos obxectivos de promover a igualdade de xénero, o liderado das mulleres e a eliminación de calquera discriminación contra a muller para conseguir a súa plena participación na sociedade, nas mesmas condicións que os homes. Unha data coma esta invítanos a reflexionar sobre... Máis información
-
07Marzo2022Miranda recorda a través das ondas en esRadio Galicia que Emigración mantén aberta a convocatoria das bolsas BEME audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recordou hoxe a través do programa “Es la mañana en Galicia” de esRadio, que a convocatoria das bolsas de Excelencia Académica BEME continúa aberta, ofrecendo 250 prazas para galegas e galegos do exterior que desexen realizar un máster nunha das tres universidades galegas. O responsable de Emigración tamén destacou o traballo que xa se está a facer para poder dar luz verde en breve... Máis información
-
06Marzo2022Fernanda Góngora describe como a bolsa BEME lle facilitou atopar un emprego en Galicia e retornar á terra das e dos seus devanceiros audio Continúa aberta a convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración e que conta nesta ocasión con 250 prazas para que galegas e galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades de Galicia o próximo curso 2022/23. Fernanda Góngora optou nunha convocatoria anterior por solicitar unha bolsa BEME para facer un... Máis información
-
05Marzo2022Emigración felicita a colaboración do Lar Gallego coa Capitanía General do E.T. que permite iluminar co Xacobeo a Praza de España de Sevilla audio A fachada do Cuartel General de la Fuerza Terrestre de Sevilla amosará, ao caer a noite durante toda a fin de semana, símbolos tradicionais do Camiño como os peregrinos e peregrinas, a catedral e o propio botafumeiro. Este enclave principal da capital andaluza converterase durante tres días nun “pedaciño” de Galicia. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no acto de difusión do Xacobeo que tivo lugar onte en... Máis información
-
04Marzo2022Emigración recorda que o próximo 7 de marzo remata o prazo de solicitude das axudas destinadas a funcionamento e actividades das entidades galegas do exterior audio A Secretaría Xeral volve destinar este ano unha liña específica para apoiar accións de especial relevancia e promoción do Ano Santo Xacobeo. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o próximo 7 de marzo remata o prazo de presentación das solicitudes da liña de axudas para as entidades galegas do exterior, que conta cun crédito orzamentario de 1,2M€ euros, e que se destina a gastos de funcionamento, proxectos culturais da xuventude e accións... Máis información
-
03Marzo2022Miranda analiza co Centro Galicia en Ponferrada as actividades previstas para a difusión do Camiño de Santiago audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse nas últimas horas co responsable das accións culturais do Centro Galicia en Ponferrada, Diego Bello, co obxectivo de analizar as actividades previstas polo centro para a difusión do Camiño de Santiago neste segundo ano de Xacobeo. Durante este encontro tamén se analizaron outras necesidades da entidade, así como se avanzou no traballo que se está a facer a través de cursos... Máis información
Páxinas |