Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
17Marzo2022Miranda traslada ás e aos galegos de Venezuela as accións que a Xunta desenvolve para favorecer o retorno a Galicia audio O secretario xeral da Emigración mantivo un encontro coa colectividade galega en Caracas, á que informou da convocatoria aberta para solicitar bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nas universidades galegas. Nesta reunión Miranda trasladoulles a información doutra serie de programas complementarios en materia de acompañamento aos retornados e retornadas. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda... Máis información
-
16Marzo2022O secretario xeral da Emigración traslada ao cónsul xeral de España en Venezuela o importante papel desta institución no proceso de retorno audio Antonio Rodríguez Miranda tamén se reuniu co consejero de Trabajo de España neste país para incrementar a coordinación na atención social aos galegos e galegas residentes en Venezuela. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co cónsul xeral de España en Venezuela, Juan José Buitrago, na que destacou a importancia do labor do consulado para facilitar o retorno das familias a Galicia.... Máis información
-
16Marzo2022O secretario xeral da Emigración e as entidades galegas en Venezuela analizan as liñas de colaboración dos próximos meses audio Antonio Rodríguez Miranda mantivo en Caracas un encontro cos máximos responsables da Hermandad Gallega de Venezuela, do Centro Gallego de Maracaibo, da Hermandad Gallega de Valencia e do Centro Gallego de Puerto La Cruz, cos que analizou a actual situación das entidades tras estes dous anos de pandemia. O secretario xeral recordou que o traballo conxunto con estes centros é esencial para manter a tradición e cultura galegas entre a... Máis información
-
15Marzo2022O secretario xeral da Emigración agradece o labor e o apoio das oficinas sociais dos centros galegos de Venezuela audio Antonio Rodríguez Miranda visitou a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas e aproveitou para recordar que permanece aberta a liña de apoio económico social deste departamento para axudar ás familias galegas residentes no exterior que se atopan nunha situación económica precaria. Tamén visitou o centro de día desta entidade que presta servizo a medio cento de galegas e galegos residentes en Caracas. O pasado ano, estas axudas permitiron apoiar... Máis información
-
15Marzo2022Miguel Souto conta a súa experiencia como bolseiro BEME, o que lle permitiu regresar a Galicia para atopar un emprego audio A Secretaría Xeral da Emigración ten convocadas as novas 250 Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos residentes no exterior ou os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. Miguel Souto optou por solicitar unha bolsa BEME para cursar un mestrado na USC que lle permitira regresar a Galicia dende os Países Baixos a estudar e atopar un... Máis información
-
14Marzo2022Miranda viaxa a Venezuela para trasladar o apoio da Xunta aos galegos e galegas residentes neste país e coñecer a súa situación tralos anos de pandemia audio O secretario xeral da Emigración visitará a Hermandad Gallega de Venezuela e manterá un encontro cos representantes das entidades galegas do país así como coas autoridades españolas no país caribeño. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia mañá, 15 de marzo, unha visita a Venezuela para achegarse aos galegos e galegas residentes neste país e aos centros que traballan a prol desta colectividade e coñecer así, en... Máis información
-
13Marzo2022O Lar Gallego de Sevilla continúa coa difusión do Xacobeo publicando un vídeo resumo do acto de iluminación da Praza de España con motivos do Camiño de Santiago audio O Lar Gallego de Sevilla vén de publicar un vídeo resumo do acto de promoción do Xacobeo 21-22 que tivo lugar a pasada fin de semana e que supuxo a iluminación da fachada do Cuartel General da Forza Terrestre situado na Praza de España da capital andaluza. O acto, organizado polo Lar Gallego e a Capitanía General do Exército de Terra, contou coa presenza do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, do tenente xeral xefe da... Máis información
-
12Marzo2022Emigración retoma a colaboración coa Asociación Palmira Bulebar do Milladoiro para apoiar ás e aos galegos retornados emprendedores audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas unha reunión co presidente da Asociación Palmira Bulebar do Milladoiro (Ames), José Manuel Fernández Gómez. Deste xeito mantense a colaboración entre ambas entidades que xa deu o pasado ano os seus froitos, con varios locais que se viron revitalizados nesta área de O Milladoiro, grazas á posta en marcha de negocios por parte de galegas e galegos retornados... Máis información
-
11Marzo2022Emigración completa o portal en GaliciaAberta sobre información tributaria para residentes no exterior cos países de América audio O espazo permitirá agora coñecer ás e aos residentes en 22 países de Europa e América, así como ás e aos retornados a Galicia cuestións relativas as rendas, aos estados de tributación, as pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro. Esta iniciativa ten carácter meramente informativo. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presenta o portal completo que... Máis información
-
11Marzo2022Emigración recorda ás e aos galegos do exterior que segue aberta a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade (BEME) a través dun webinario informativo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, informou nas últimas horas aos galegos e galegas do exterior sobre a nova convocatoria das Bolsas de Excelencia Mocidade - BEME a través dun webinario informativo no que participaron máis de 150 interesadas e interesados, xunto á subdirectora de Retorno, Begoña Solís. Deste xeito, Miranda recordou que a Xunta de Galicia ampliou o número de prazas para estas bolsas ata 250, e que... Máis información
Páxinas |