Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
25Marzo2022Emigración recorda que o próximo martes 29 remata o prazo para solicitar as axudas económicas individuais para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade audio O Goberno galego destina este ano 2,75M€ para paliar as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria das familias galegas que se atopan nunha situación especialmente precaria. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que o próximo martes, día 29 de marzo, remata o prazo para solicitar a nova liña de axudas da Secretaría Xeral da Emigración para as familias galegas do exterior en situación de vulnerabilidade. A partida deste... Máis información
-
24Marzo2022O especial “Historias de ida e volta” homenaxea as mulleres da diáspora galega audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender as novas realidades migratorias a América dos anos centrais do século XX. A entrega de marzo do especial “Historias de ida e volta”, un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, homenaxea, nesta ocasión, ás... Máis información
-
24Marzo2022Emigración recorda que o próximo sábado 26 oito centros galegos do exterior proxectarán a primeira película do Ciclo Mestre Mateo organizada en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual audio A Secretaría Xeral da Emigración anima a todas e todos os amantes do cine galego a asistir a algunha das proxeccións que terán lugar en oito centros galegos do exterior o próximo 26 de marzo do filme O Gran Camiño, co que se estrea o ciclo de cine Mestre Mateo que e desenvolverá durante os próximos meses grazas a colaboración coa Academia Galega do Audiovisual O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de... Máis información
-
23Marzo2022Miranda anuncia a nova convocatoria de axudas ás e aos emprendedores retornados de ata 10.000 euros durante a visita á Asociación Milladoiro Palmira Boulevard audio Esta entidade de Ames colabora no apoio ao retorno a Galicia ofrecendo facilidades no acceso a locais comerciais nesta localidade a través de condicións beneficiosas no alugueiro e facilitando a tramitación burocrática na apertura do negocio. As axudas ás emprendedoras e emprendedores retornados da Secretaría Xeral da Emigración destinaron máis de 3M€ para apoiar a máis de 500 proxectos que tiveron un impacto de investimento en Galicia superior... Máis información
-
23Marzo2022A exposición “Paisaxes da Galicia”, apoiada pola Secretaría Xeral da Emigración, chega ao Instituto Cervantes de Recife (Brasil) audio A exposición Paisaxes da Galicia, do fotógrafo Paco Vila, e que conta co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, vén de abrir as súas portas no Instituto Cervantes de Recife en Pernambuco (Brasil) ofrecendo 30 instantáneas da comunidade autónoma que representan a variedade de paisaxes e lugares de onde proceden as e os emigrantes galegos que residen no exterior. Esta mostra inaugurouse en Santos e posteriormente trasladouse a São Paulo,... Máis información
-
21Marzo2022Santiago de la Iglesia Gil conta como a bolsa BEME lle facilitou poñer en marcha unha empresa en Galicia de consultoría ambiental tras regresar de México audio Continúa aberta a convocatoria das Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración e que conta nesta ocasión con 250 prazas para que galegas e galegos residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas e galegos poidan cursar un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2022/23. Santiago de la Iglesia Gil conta como a bolsa BEME lle facilitou a especialización técnica a través dun... Máis información
-
20Marzo2022Oito centros galegos do exterior proxectan o próximo 26 de marzo a primeira película do Ciclo Mestre Mateo, organizado en colaboración con Emigración e a Academia Galega do Audiovisual audio Oito centros galegos do exterior inician o vindeiro 26 de marzo a proxección das películas e documentais finalistas aos Premios Mestre Mateo 2022 grazas a un acordo de colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e a Academia Galega do Audiovisual. O Gran Camiño é o filme elixido para inaugurar este ciclo de cine. O Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol de Bos Aires, o Centro Gallego de Montevideo, a Hermandad Gallega de Venezuela,... Máis información
-
19Marzo2022Emigración finaliza a súa visita a Caracas na que puido comprobar o óptimo funcionamento da rede de apoio social dos centros galegos e as institucións españolas coas que colabora a Xunta audio Esta rede de apoio beneficiou a máis de 10.000 familias galegas durante os anos de pandemia. Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, recordou que entre as axudas á emigración e ao retorno, destináronse a Venezuela máis de 6,5M€ nos últimos dous anos. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, finalizou a súa visita a Caracas tras comprobar como a aportación da Xunta beneficiou a máis de 10.000 galegas... Máis información
-
18Marzo2022Rodríguez Miranda reúnese co CRE de Venezuela para coñecer a súa visión sobre a situación da colectividade española a través das e dos seus representantes audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse nas últimas horas cos e coas representantes do CRE de Venezuela para coñecer a situación da colectividade española e, por tanto, da galega, así como das súas necesidades. Miranda informoulles sobre os programas de axuda da Secretaría Xeral para as galegas e galegos do exterior, e en concreto, para as e os galegos de Venezuela, así como lles trasladou a necesidade de axuda... Máis información
-
17Marzo2022Volve baixar o número de emigrantes galegas e galegos por sétimo ano consecutivo segundo os datos do INE, con 1.445 menos en 2021 audio A cifra das e dos descendentes nados xa no país de residencia xera un incremento de cidadás e cidadáns galegos no exterior ata chegar aos 529.038, 5.182 máis que no 2020. O Instituto Nacional de Estatística (INE) acaba de facer públicos os datos do Padrón de Españoles Residentes no Estranxeiro (PERE) a 1 de xaneiro de 2022, que vén a evidenciar novamente que o número de galegas e galegos do exterior nados en Galicia continúa a descender,... Máis información
Páxinas |