Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
02Setembro2022A Secretaría Xeral da Emigración e AJERGA informan, a través dun webinario, aos novos bolseiros e bolseiras BEME sobre os trámites máis importantes a realizar na súa chegada a Galicia audio A Secretaria Xeral da Emigración, xunto á Asociación de Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia, informaron recentemente aos bolseiros e bolseiras BEME sobre os trámites máis importantes a realizar na súa próxima chegada a Galicia, onde cursarán un máster nunha das tres universidades galegas. Durante este webinario tamén se deu resposta ás súas principais dúbidas, a maioría delas centradas en cuestións como a busca de vivenda, as actividades... Máis información
-
01Setembro2022Miranda recibe ao novo presidente do Centro Pontevedrés de Montevideo (Uruguai) audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao novo presidente do Centro Pontevedrés Social y Deportivo de Montevideo, José Manuel Vidal Cerdeira, con quen analizou as novas iniciativas e proxectos que se están a xestar na entidade uruguaia para os próximos meses. O secretario xeral da Emigración comprometeuse con José Manuel Vidal a visitar o centro pontevedrés na visita que realizará ao Uruguai nos próximos... Máis información
-
31Agosto2022Miranda recorda na Cadena Ser Ourense que o prazo de solicitude das Axudas ao Retorno Emprendedor, dotadas con ata 10.000 euros, remata o próximo 30 de setembro audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o estudio de gravación da Cadena Ser Ourense onde explicou as Axudas Retorno Emprendedor desta institución que apoian a posta en marcha de iniciativas empresariais dos galegos e galegas do exterior que retornan a Galicia. O prazo desta iniciativa está aberto ata o 30 de setembro. “Dámoslle unha axuda económica de 6.000€; si é retornada a que emprende, para axudar a... Máis información
-
31Agosto2022A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, fixo entrega dos diplomas de asistencia ás e aos participantes do Centro Gallego de Montevideo no VI Día da Galicia Exterior audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, fixo entrega dos diplomas de asistencia ás participantes do Centro Gallego de Montevideo que representaron á entidade no VI Día da Galicia Exterior, celebrado en Santiago de Compostela o pasado 9 de xullo. Elvira Domínguez Alonso estivo acompañada do presidente da entidade, Ramón Lorenzo. O VI Día da Galicia Exterior reuniu a máis dun milleiro de galegas e galegos do exterior procedentes dunha... Máis información
-
30Agosto2022As cores da artesanía galega locen no mundo pola arte dunha retornada apoiada pola Xunta audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, coñeceron hoxe a iniciativa dunha retornada do Reino Unido que crea vidreiras e recibiu 8.000 euros a través das axudas de emprendemento deste departamento autonómico. A liña de Axudas ao Retorno Emprendedor, que este ano chega ata os 10.000 euros, continúa aberta ata o 30 de setembro. O... Máis información
-
29Agosto2022O delegado da Xunta na Arxentina mantén un primeiro encontro co novo cónsul xeral de España en Bos Aires para analizar a situación da colectividade neste país americano audio O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, reuniuse por primeira vez co novo cónsul xeral de España en Bos Aires, Fernando García Casas, quen conta cunha ampla experiencia diplomática ao longo da súa carreira profesional. Durante este primeiro encontro analizaron a situación da colectividade galega neste país americano. García Casas estivo destinado na Representación Permanente de España, tanto do Consello de Europa como nas... Máis información
-
28Agosto2022Emigración ofrece a visión máis lúdica do VI Día da Galicia Exterior cun vídeo da foliada nocturna celebrada no Monte do Gozo audio As distintas asociacións culturais que participaron no VI Día da Galicia Exterior, celebrado o 9 de xullo en Santiago de Compostela, organizaron unha foliada a noite anterior do evento no Monte do Gozo. Este momento foi capturado por Manuel Rincón, a quen a Secretaría Xeral da Emigración lle agradece o seu traballo pola montaxe e gravación do vídeo. Esta actividade espontánea supón a outra cara da gran festa da Galicia exterior, onde a música... Máis información
-
27Agosto2022O Lar Gallego de Santiago de Chile celebrou o Día de Galicia acompañado polo delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro audio O Lar Gallego de Santiago de Chile acaba de celebrar o Día de Galicia e o seu tradicional xantar por Santiago Apóstolo nos salóns do Estadio Español de Las Condes. O acto contou coa presenza, entre outras autoridades, do delegado da Xunta de Galicia na Arxentina, Alejandro López Dobarro, do presidente da entidade, Ricardo González Méndez, do presidente do Estadio Español de Las Condes, Juan Carlos Erenchun e do encargado de Negocios provisional... Máis información
-
26Agosto2022Miranda destaca o éxito da celebración do Día de Galicia organizado pola Federación de Asociacións Galegas no Uruguai audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse coa presidenta da Federación de Asociacións Galegas no Uruguai, María Gil Pereira, para comentar as actividades que se desenvolveron nesta entidade nos últimos meses. Entre estas iniciativas, destacaron a referida á celebración do Día de Galicia na que tamén participou a delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, a vicepresidenta do país, Beatriz Argimón, e todas as... Máis información
-
25Agosto2022Miranda felicita ao presidente do Centro Galego de Montreal pola posta en marcha dunha serie de actividades de cara á difusión do Camiño de Santiago no Canadá audio O presidente do Centro Galego de Montreal, Manuel Beiro, trasladoulle hoxe ao secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, o interese da entidade en desenvolver actividades de promoción para difundir o Camiño de Santiago na cidade canadense. Deste xeito, Miranda felicitoulle por esta iniciativa e trasladoulle o compromiso de colaboración nas mesmas do departamento que dirixe. Ambos reuníronse na sede da Secretaría Xeral da... Máis información
Páxinas |