Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
27Xullo2023Os mozos e mozas participantes no programa 'Conecta co Camiño' coñecen a provincia de Pontevedra durante a súa andaina audio Este programa destínase a galegas e galegos do exterior de entre 18 e 20 anos procedentes de Arxentina, Venezuela, Cuba, Uruguai e Brasil, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. Desenvolverase ata o 31 de xullo e, ademais de percorrer oito tramos a pé polo Camiño Portugués pola Costa ata Compostela, tamén están a coñecer aspectos da historia xacobea e do patrimonio cultural galego. O medio cento de... Máis información
-
27Xullo2023A Xunta destinará 10.000 euros a mellorar a calidade asistencial da Casa de España de Río de Xaneiro audio Asinou un protocolo de colaboración para apoiar aos galegos na diáspora que reciben nestas instalacións servizos de rehabilitación, estimulación da memoria ou asesoramento para realizar trámites administrativos. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, visitou o centro social da Casa de España en Río de xaneiro, Brasil. Durante a visita asinou un protocolo de... Máis información
-
26Xullo2023As e os participantes no Conecta con Galicia de Emigración coñecen estes días a realidade empresarial e os espazos naturais de Galicia audio Este programa, que se está a desenvolver no albergue de Gandarío en dúas quendas, ten como obxectivo facilitar á mocidade galega do exterior o contacto coa realidade da Galicia actual. Os case 30 mozos e mozas galegas do exterior que chegaron a pasada semana para participar no programa Conecta con Galicia da Secretaría Xeral da Emigración están a rematar a súa estadía na nosa comunidade autónoma coñecendo a realidade empresarial galega e os... Máis información
-
26Xullo2023Representantes das entidades galegas do exterior participan na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo Día de Galicia audio Representantes de varias entidades galegas do exterior participaron onte na ofrenda floral a Rosalía de Castro polo día de Galicia que se desenvolveu no Panteón de Galegos Ilustres da igrexa de San Domingos de Bonaval, onde tamén se atopan os restos de Castelao, trasladados dende Bos Aires en 1984. Nesta ocasión, o acto foi presidido polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices. A... Máis información
-
26Xullo2023Emigración publica o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega para entidades do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe na súa páxina web o listado provisional de adxudicación dos obradoiros de cultura galega destinados a entidades do exterior. O programa conta cun orzamento de 150.000 euros e permitirá sufragar os gastos de contratación e desprazamento do profesorado e materiais de formación. As entidades encargaranse, pola súa banda, das instalacións onde se impartan os cursos e dos gastos de estadía e manutención... Máis información
-
26Xullo2023A Xunta reforza a colaboración coas sociedades Rosalía de Castro en Brasil para mellorar a atención nos seus centros de día audio Asinou dous protocolos de colaboración cos centros de día destas entidades, por un valor de 10.000 euros cada un, para garantir a súa calidade de atención. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado da Xunta, Alejandro López Dobarro, iniciou onte a súa viaxe institucional por América Latina, coincidindo co Día de Galicia. Neste primeiro día, visitou os dous centros de día de atención a maiores das... Máis información
-
25Xullo2023O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, felicita o Día de Galicia a todos os galegos e galegas do exterior audio O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, conmemora o 25 de xullo, Día de Galicia, con todos os galegos e galegas do exterior. No gran día de Galicia, en honra a Santiago Apóstolo, Alfonso Rueda recordou que a Xunta seguirá a acompañar á colectividade galega estea onde estea, mandando unha forte aperta a todas e todos aqueles que traballan pola nosa colectividade en calquera recuncho do planeta. Destacou, ademais, a... Máis información
-
25Xullo2023Antonio Rodríguez Miranda desexa aos galegos e galegas do exterior un feliz Día de Galicia recordando a unión entre a colectividade presente en todo o mundo audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, felicita, a través dun vídeo, o 25 de xullo, Día de Galicia, a todos os galegos e galegas do exterior, recordándolles a unión entre a colectividade presente en todo o mundo. Dende as beiras do río Miño, como símbolo unificador de Galicia, o secretario xeral da Emigración recordou que hai moito que celebrar este ano, en especial, coa recuperación de tódolos programas postos en marcha... Máis información
-
24Xullo2023Intervención do presidente da Xunta de Galicia no acto de entrega das Medallas de Ouro de Galicia 2023 audio Señor presidente do Parlamento de Galicia, Señora Alcaldesa de Santiago de Compostela, Señor Delegado do Goberno en Galicia, Señor Xeneral Xefe do Mando de Apoio á Manobra, Señor Arcebispo de Santiago de Compostela, Vicepresidente primeiro, vicepresidenta segunda e restantes membros do Goberno de Galicia, Vicepresidenta primeira da mesa do Parlamento de Galicia e restantes membros da mesa do Parlamento, Parlamentarios do Parlamento de... Máis información
-
24Xullo2023Miranda e o presidente de 'As Xeitosiñas' de Zürich manteñen unha reunión centrada na realidade da colectividade e dos centros galegos en Suíza audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente da Asociación Cultural ASC ‘As Xeitosiñas’ de Zürich, José Gil, con quen analizou os proxectos de futuro para esta entidade de Suíza así como a realidade da colectividade e dos centros galegos neste país centroeuropeo. Durante a reunión, Miranda trasladoulle ao representante desta entidade o compromiso da Xunta cos galegos e galegas en Suíza de cara a sacar... Máis información
Páxinas |