Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
10Febreiro2023Emigración leva ao Uruguai a campaña de presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2026, que aposta fortemente polo ámbito laboral audio O secretario xeral da Emigración, xunto á delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, explicaron no Centro Gallego de Montevideo as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines expuxeron os detalles do novidoso programa Retorna Emprego. O... Máis información
-
10Febreiro2023Emigración entrega 30 distincións ás e aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 no Uruguai audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu o acto no que se entregaron 12 compostelas aos galegos e galegas residentes en Montevideo que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo. Tamén se entregaron 13 diplomas acreditativos ás e aos participantes no programa Reencontros co Xacobeo. Estes dous programas permitiron que galegas e galegos residentes en Uruguai coñeceran o Camiño de Santiago e... Máis información
-
09Febreiro2023A Arxentina é o primeiro país en acoller a presentación da nova Estratexia Galicia Retorna 2026, co dobre de medidas e orzamento ca anterior audio O secretario xeral da Emigración, acompañado do delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, explicaron as liñas básicas deste documento, integrado por un cento de iniciativas e que busca facilitar o regreso á Comunidade de 30.000 galegas e galegos do exterior. Xunto a Antonio Rodríguez Miranda, representantes das fundacións Nortempo e Venancio Salcines expuxeron os detalles do novidoso programa Retorna Emprego. O Goberno galego... Máis información
-
09Febreiro2023Emigración entrega 80 distincións ás e aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 da Arxentina audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu o acto no que se entregaron 39 compostelas aos galegos e galegas residentes na Arxentina que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo. Tamén se entregaron 37 diplomas acreditativos ás e aos participantes no programa Reencontros co Xacobeo. Estes dous programas permitiron que galegas e galegos residentes na Arxentina coñeceran o Camiño de Santiago e... Máis información
-
08Febreiro2023Miranda participa na xornada informativa sobre as axudas para a conservación do patrimonio, equipamentos e reformas das instalacións audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu hoxe unha xornada formativa on line coas e cos membros das 140 entidades galegas de España, Europa e América para informarlles sobre a nova liña de axudas destinadas á conservación do patrimonio, mellora de equipamentos e reforma das instalacións. A reunión foi dirixida pola subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer. Tal e como... Máis información
-
08Febreiro2023A Xunta leva a exposición ‘El Camino de Santiago’ á Lexislatura da Provincia de Córdoba audio O secretario xeral da Emigración inaugurou esta mostra con fotografías de Manuel Valcárcel que permite achegar á Arxentina a experiencia da peregrinación a Compostela. A exposición foi promovida pola Delegación da Xunta na Arxentina. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou a exposición fotográfica de Manuel Valcárcel El Camino de Santiago para acercar a experiencia da peregrinación a Compostela ata os arxentinos... Máis información
-
08Febreiro2023Miranda mantén unha reunión coa Casa de Galicia de Córdoba para coñecer a realidade actual dos galegos e galegas residentes nesta provincia arxentina audio O secretario xeral da Emigración mantivo tamén un encontro cos e coas representantes da Casa de España, interesándose pola situación da colectividade española e firmando no Libro de Ouro da institución. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos e coas representantes da Casa de Galicia en Córdoba co obxectivo de coñecer a realidade actual dos galegos e galegas residentes nesta provincia arxentina e... Máis información
-
07Febreiro2023Emigración publica catro vídeos informativos sobre como solicitar a Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior - BEME Máster audio A Secretaría Xeral da Emigración recorda que está aberta a nova convocatoria da Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que galegas e galegos universitarios residentes no exterior poidan facer un máster o próximo curso nas universidades galegas. Para facilitar os trámites, a Secretaría Xeral da Emigración, publica na súa páxina web de GaliciaAberta catro vídeos nos que se poden coñecer os obxectivos desta bolsa, os requisitos que... Máis información
-
06Febreiro2023Miranda viaxa a Arxentina e Uruguai para achegar as novidades da nova Estratexia Galicia Retorna aos galegos e galegas residentes en ambos países audio O secretario xeral da Emigración aproveitará a viaxe tamén para inaugurar unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago en Córdoba e para entregar diplomas aos galegos e galegas que participaron o ano pasado nos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo. Especialmente novidoso, dentro da ERG2026, é o programa Retorna Cualifica Emprego, que permitirá que máis de 400 galegas e galegos do exterior con formación, tanto de América como de... Máis información
-
05Febreiro2023Emigración mantén aberta a nova convocatoria de bolsas BEME ás que galegas e galegos universitarios do exterior como Noelia Pereira poden acollerse audio A Secretaría Xeral da Emigración acaba de abrir a nova convocatoria de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior - BEME para que as e os galegos universitarios residentes no exterior ou as e os descendentes de galegas e galegos poidan facer un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2023/24. A ourensá Noelia Pereira cóntanos a súa experiencia como bolseira BEME e en como esta oportunidade permitiulle optar a un emprego en Galicia... Máis información
Páxinas |