Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
22Xuño2022A Secretaría Xeral da Emigración explicou as súas medidas de apoio ao retorno para as e os galegos residentes no Reino Unido nunha xornada informativa organizada pola Consejería de Trabajo nese país audio A subdirectora xeral do Retorno da Secretaría Xeral da Emigración, Begoña Solís, participou esta mañá nun webinario sobre os desafíos aos que se están enfrontando as e os cidadáns españois no Reino Unido tralo brexit á hora de retornar a España, organizado pola Consejería de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social en el Reino Unido, no que tamén participaron outras comunidades autónomas. Neste contexto, Begoña Solís recordou que a Xunta de... Máis información
-
21Xuño2022Miranda informa ás entidades galegas do exterior sobre a nova convocatoria do programa “Conecta co Xacobeo” audio O programa está dirixido a galegas e galegos do exterior entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. O secretario xeral da Emigración recordou a recuperación da convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O secretario xeral da Emigración informou hoxe ás diferentes entidades galegas do exterior, a través dun webinario, sobre a nova convocatoria de axudas “Conecta co Xacobeo” no ... Máis información
-
20Xuño2022Emigración destina 12.000€ á Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para a atención de necesidades asistenciais básicas das e dos galegos audio Esta axuda ten como obxectivo contribuír ao financiamento para a asistencia ás persoas galegas acollidas no seu centro de día. A Secretaria Xeral da Emigración destina, a través dun convenio de colaboración, 12.000 euros para a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo de cara a axudar na atención das necesidades básicas aos galegos e galegas residentes nesta populosa localidade brasileira acollidos no seu centro de día. Esta... Máis información
-
20Xuño2022O Club Galicia de Bonn celebra o Ano Santo cunha camiñada de 10 quilómetros audio O Club Galicia de Bonn organizou unha camiñada de dez quilómetros que saíu dende a emblemática Catedral de Bonn seguindo as cunchas do Camiño de Santiago que percorren parte do tramo que circula por esta cidade do estado xermano de Renania do Norte-Westfalia. Ao final do traxecto houbo un reparto de camisetas entre os socios e socias do Club Galicia. O Club Galicia de Bonn foi fundado en 1980 e serve como encontro intercultural para galegas e... Máis información
-
19Xuño2022Máis de 250 persoas participan no Carballiño (Ourense) na Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia á que asistiu Antonio Rodríguez Miranda audio O secretario xeral da Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu no Carballiño, Ourense, á Xuntanza de Amigos de Venezuela-Galicia na que participaron máis de 250 persoas. Deste xeito, recupérase a Xuntanza que se desenvolvía tradicionalmente co obxectivo de manter a relación fraguada en Venezuela así como na Hermandad Gallega deste país despois de ter retornado a Galicia. Tras dous anos de pandemia, finalmente recuperouse este... Máis información
-
18Xuño2022Miranda participa na homenaxe á Sociedad Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana, en Ortigueira audio O secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe, en Ortigueira, ao acto en recoñecemento á Sociedad Pro Instrucción, Recreo y Auxilio Mutuo San Claudio, da Habana, polo traballo a prol da educación feito polos e polas emigrantes da parroquia ortigueiresa de San Claudio en Cuba a comezos do século pasado, que permitiu a construción do Centro Escolar que leva o seu nome. Durante esta homenaxe, organizada pola... Máis información
-
17Xuño2022Rueda destaca o compromiso da Xunta co apoio ás e aos retornados a través de liñas de axudas que suman máis de 5,5 M€ de investimento audio O presidente da Xunta participou no encontro cos beneficiarios e beneficiarias das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME). A Xunta ofertará o vindeiro curso 250 bolsas BEME, 50 máis que nesta edición, ante o aumento de solicitudes. O Goberno galego conta con varios programas para impulsar que as e os galegos no exterior regresen a estudar e traballar á comunidade ou para fomentar o emprendemento entre os retornados e retornadas. O... Máis información
-
16Xuño2022O saldo migratorio de Galicia seguiu a ser positivo en 2021 en 14.448 persoas audio A Estatística de Variacións Residenciais (EVR) do Instituto Nacional de Estadística destaca que o ano pasado retornaron do estranxeiro a Galicia 5.381 persoas. Cabe destacar que os datos da poboación máis nova son tamén positivas, acadándose un saldo de 4.342 persoas, chegando a Galicia máis mozos e mozas dos que saíron. A Estatística de Variacións Residenciais (EVR), publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE), confirman a... Máis información
-
16Xuño2022Emigración convoca o programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 galegas e galegos do exterior, vinculados ás entidades de España, Europa e América, percorran o Camiño de Santiago audio O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para galegas e galegos do exterior de entre 18 e 64 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. Recupérase así a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O programa desenvolverase na segunda quincena de setembro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas. O Diario Oficial de Galicia fixo pública hoxe... Máis información
-
15Xuño2022O documental “Welcome to ma maison”, protagonista da proxección de xuño do Ciclo Mestre Mateo nas entidades galegas do exterior audio O documental Welcome to ma maison será o protagonista no mes de xuño do ciclo de proxeccións Mestre Mateo que permitirá desfrutar en oito centros galegos do exterior deste documental, finalista na edición deste ano dos premios do mesmo nome. Esta actividade organízase dende a Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual e as propias entidades galegas. O Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres será o... Máis información
Páxinas |