Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
26Marzo2023Emigración salienta en Salvador de Baía ante preto de 200 persoas as medidas de apoio ás familias postas en marcha pola Xunta para favorecer o retorno audio O responsable deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, comezou na sede da Asociación Caballeros de Santiago a xira polo segundo país do mundo con maior colectividade galega para dar a coñecer a Estratexia Galicia Retorna. Destacou que este documento conta con medidas sociais, laborais, formativas e de información e asesoramento que teñen como obxectivo axudar a que galegas e galegos do exterior poidan retornar coas súas familias... Máis información
-
26Marzo2023Emigración asiste ao concerto de María do Ceo, preludio do Festival ‘Fai un Sol’ do Lar Gallego de Sevilla, motor da cultura musical galega na capital andaluza audio A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, asistiu ao concerto de María do Ceo, preludio do festival Fai un Sol que organiza o Lar Gallego de Sevilla como motor da cultura musical galega na capital andaluza. Xunto á cantante galega actuou tamén a artista sevillana Laura de los Ángeles. Neste concerto María do Ceo presentou o seu último disco, Galicia Nai. Fai un Sol é... Máis información
-
25Marzo2023Miranda percorrerá algunhas das principais cidades do segundo país con maior colectividade galega, o Brasil, para expor as medidas de fomento do retorno audio O titular da Secretaría Xeral da Emigración comeza hoxe en Salvador de Baía unha xira polas localidades que contan con maior presenza galega para detallar e aclarar posibles dúbidas sobre a Estratexia Galicia Retorna 2023·26. O documento, que conta con ata 100 medidas para facilitar o regreso á Comunidade, presta especial atención ao eido laboral, con programas pioneiros como Retorna Cualifica Emprego, que oferta ata 400 postos de traballo cun... Máis información
-
23Marzo2023O especial “Historias de ida e volta” de marzo documenta o labor das asociacións microterritoriais galegas creadas en Cuba audio Este especial é un proxecto web realizado pola Secretaría Xeral da Emigración e o Consello da Cultura Galega, que ofrece fotografías e documentos que axudan a entender o fenómeno migratorio galego. O especial 'Historias de ida e volta', un proxecto web realizado polo Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, chega a marzo documentando o labor das asociacións microterritoriais galegas creadas en Cuba.... Máis información
-
22Marzo2023Miranda felicita ao Centro Galego de Valencia pola exitosa celebración do Día de Rosalía audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe ao presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes, acompañado de Xoaquín Coto, vogal do centro, aos que felicitou pola exitosa celebración do Día de Rosalía, un acto que se desenvolveu o pasado 25 de febreiro, da man da artista Lucía Pérez. A homenaxe á insigne escritora galega tivo lugar na Aula Magna de La Nau de Valencia, onde ademais de facer un recordatorio... Máis información
-
21Marzo2023Emigración recorda a través da experiencia de Diego Álvarez, bolseiro retornado do Perú, que segue aberta a nova convocatoria das bolsas BEME audio A Secretaría Xeral da Emigración invita a coñecer a historia de Diego Álvarez Zapata, galego retornado do Perú, que solicitou o pasado ano unha Bolsa de Excelencia Mocidade Exterior - BEME que facilita ás galegas e galegos universitarios do exterior un máster nunha das tres universidades galegas o próximo curso 2023/24. As e os beneficiarios da iniciativa deben ser galegos por nacemento ou descendentes por consanguinidade, acreditar un mínimo... Máis información
-
20Marzo2023Miranda mantén un encontro co presidente da Hermandad Gallega de Valencia no que se fixaron as accións do centro para 2023 audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro esta mañá co presidente da Hermandad Gallega de Valencia, Manuel Fajín Recarey, no que se fixaron as accións do centro para 2023 e se analizou a situación da colectividade galega no país americano. Fajín Recarey é tamén cónsul honorario nesta localidade venezolana. Durante esta reunión, tamén se falou da nova Estratexia Galicia Retorna 2023/26 e das cen medidas... Máis información
-
19Marzo2023Emigración lembra cal é o procedemento de concesión e pagamento das bolsas BEME máster que se atopan en prazo de solicitude audio A Secretaría Xeral da Emigración lembra ás mozas e mozos galegos do exterior que conten cunha formación universitaria que está aberta a nova convocatoria de Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior - BEME para cursar un máster o próximo curso nas universidades galegas. No seguinte vídeo as e os interesados poden coñecer o procedemento de solicitude, concesión e pagamento destas bolsas que poden solicitarse ata o 28 de abril. Máis información... Máis información
-
18Marzo2023A delegada da Xunta no Uruguai asiste ao concerto do grupo galego Luar na Lubre no teatro El Galpón de Montevideo audio A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao concerto que ofreceu en Montevideo o grupo galego de folk Luar na Lubre no teatro El Galpón, onde, con grande éxito de público asistente, presentou o seu último traballo Vieiras e Vieiros. Historias de peregrinos, un álbum que recolle a pegada artística, cultural e etnográfica do Camiño de Santiago. A xira de Luar na Lubre conta co apoio da Xunta de Galicia. Nos seus 37 anos de... Máis información
-
16Marzo2023As medidas de fomento do retorno da Xunta contribúen a reverter a tendencia ascendente do número de galegas e galegos do exterior, que se sitúan en 527.449 audio Baixan por primeira vez as e os galegos que viven no estranxeiro polo descenso das e dos nados en Galicia. O total de galegas e galegos do exterior diminúen dos 529.038 aos 527.449 actuais, e os que naceron na comunidade pasan de 136.962 a 131.446. O 24,9% das e dos galegos residentes no exterior naceron en Galicia, mentres o 73,6% naceron xa no estranxeiro. As medidas de fomento do retorno da Xunta de Galicia contribúen a reverter a tendencia... Máis información
Páxinas |