Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
23Xullo2022Miranda e o embaixador de España en Uruguai acompañan o avance no acordo para a profesionalización da xestión do Hogar Español por parte da mutua ‘La Española’ audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Mirada, mantivo onte en Montevideo unha reunión co embaixador de España en Uruguai, José Javier Gómez-Llera y García-Nava, na que estiveron presentes a nova delegada da Xunta neste país, Elvira Domínguez Alonso, e os representantes da mutua ‘La Española’ e o Hogar Español. Segundo trasladaron os responsables de ambas entidades, o obxectivo do acordo é profesionalizar a xestión do Hogar... Máis información
-
22Xullo2022Miranda trasladou ás e aos representantes do CRE de Bos Aires o apoio social realizado pola Xunta a prol da colectividade galega en Arxentina así como o labor pioneiro no eido do retorno audio O secretario xeral da Emigración mantivo unha reunión cos e coas representantes do Consejo de Residentes Españoles da capital arxentina con que tamén analizou outras cuestións de actualidade como a tramitación da nova lei electoral ou o compromiso de seguir a traballar pola modificación da lei da nacionalidade das e dos descendentes. Dende Emigración destacan que Arxentina segue a ser o país do mundo con maior número de galegas e galegos que... Máis información
-
22Xullo2022Rodríguez Miranda e Anxo M. Lorenzo asisten á inauguración da exposición “Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina” no Museo de Arte Español Enrique Larreta de Bos Aires audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, asistiu na tarde de onte á inauguración da exposición Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina, organizada polo Ministerio de Cultura da Cidade de Bos Aires e o Consello da Cultura Galega e presidida pola presidenta do Consello, Rosario Álvarez, e a directora... Máis información
-
21Xullo2022Emigración colabora coas entidades do exterior para ter unha modernización continua e dar a mellor imaxe de Galicia en todo momento audio O secretario xeral da Emigración visitou a reforma realizada no Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires que o converten nun lugar de referencia como imaxe dunha Galicia moderna. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o Centro Lalín, Agolada e Silleda de Galicia en Bos Aires, acompañado do director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, así como do delegado da Xunta no país, Alejandro López Dobarro... Máis información
-
21Xullo2022Os responsables de Emigración e Cultura da Xunta coordinan coa embaixadora de España na Arxentina as actuacións en prol da colectividade española neste país audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, mantiveron nas últimas horas en Bos Aires unha reunión coa nova embaixadora de España na Arxentina, María Jesús Alonso Jiménez, con quen coordinaron as actuacións que ambas institucións están a realizar en prol da colectividade española neste país do Cono Sur. Na reunión estiveron acompañados do delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro... Máis información
-
20Xullo2022As Festas do Santiago Apóstolo do Centro Galego en Vitoria-Gasteiz arrancan coa actuación da Banda Unión Musical de Allariz audio Tras un parón de dous anos por mor da pandemia, o Centro Galego en Vitoria-Gasteiz comezou as actividades das Festas de Santiago Apóstolo coa actuación da Banda Unión Musical de Allariz, previa á participación do grupo no World Music Contest 2022, un concurso internacional coñecido como a Olimpíada da música. O Centro Galego en Vitoria-Gasteiz prolongará a celebración o resto da semana con actividades gastronómicas, xogos tradicionais, baile... Máis información
-
20Xullo2022Emigración lembra que este venres péchase a convocatoria do programa “Reencontros co Xacobeo”, destinado a 205 galegas e galegos do exterior vinculados ás entidades de España, Europa e América audio O programa está dirixido a galegas e galegos do exterior maiores de 65 anos, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo Xacobeo. Este ano recupérase a convocatoria para as persoas dos centros galegos de América. O programa desenvolverase na primeira quincena de outubro, realizando pequenas etapas do Camiño de Santiago. A Secretaría Xeral da Emigración recorda que este venres, día 22, péchase a convocatoria do... Máis información
-
19Xullo2022Emigración facilita a consolidación en Galicia de máis de 100 novos negocios anuais de emigrantes retornadas e retornados a través do Programa Merlo audio Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral deste departamento, destacou o éxito da anterior convocatoria de mentorización. Este programa ten como obxectivo apoiar e asesorar, a través da colaboración coa Fundación Ronsel, ás e aos emprendedores galegos que regresan e poñen en marcha un negocio de cara a que poidan contar cunha maior garantía de éxito que favoreza a súa integración social na comunidade. O 60% das persoas beneficiarias do... Máis información
-
19Xullo2022O Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actúa en Marín como actividade complementaria do VI Día da Galicia Exterior audio O conxunto artístico Alborada do Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina) actuou esta pasada fin de semana no concello de Marín, continuando coas actividades do VI Día da Galicia Exterior. Este municipio pontevedrés conta cunha importante cifra de galegas e galegos que residen no exterior, cun total de 2.389 persoas. Na actuación estivo presente a subdirectora xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da... Máis información
-
18Xullo2022Remata a presentación de solicitudes do programa “Conecta co Xacobeo”, destinado a que 250 persoas vinculadas ás entidades galegas de Europa, España e América, percorran o Camiño de Santiago audio A convocatoria remata hoxe ás doce da noite e está dirixida a persoas de entre 18 e 64 anos vinculadas aos centros galegos do exterior, co obxectivo de difundir o Camiño de Santiago e o fenómeno do Ano Santo. O programa desenvolverase na segunda quincena de setembro, percorrendo os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago en diferentes etapas. A presentación de solicitudes da convocatoria das axudas da Secretaría Xeral da Emigración para... Máis información
Páxinas |