Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
28Novembro2021Emigración participa na inauguración dun mural do Camiño de Santiago no transcurso das celebracións do Centro Galego de Villalba audio O subdirector xeral de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Antonio Casas, asistiu aos actos do “XXI Gran Festa do Magosto” do Centro Galego Noroeste de Madrid (Villalba), durante o que se inaugurou un graffiti realizado sobre un dos muros da entidade dedicado ao Camiño de Santiago, co obxectivo de difundir e promocionar o Ano Santo. O Centro Galego Noroeste de Madrid levou a cabo así... Máis información
-
28Novembro2021Miranda destaca na Cadena Cope que o balance da Estratexia Galicia Retorna revela que o 60% dos galegos e galegas que regresaron dende 2018 son menores de 45 anos audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, repasou na Cadena Cope o balance da Estratexia Galicia Retorna que se acaba de facer pública e na que, entre outros datos, cabe destacar que o 80% dos galegos e galegas que regresaron dende 2018 son menores de 65 anos, sendo o 60% menor de 45. A idade media das persoas que chegaron a Galicia no ano 2020 foi de 37 anos. Dende que se puxo en marcha esta iniciativa en 2018, que ten como... Máis información
-
27Novembro2021Feijóo solicita ao Goberno de España os cambios normativos necesarios para eliminar os atrancos que dificultan a integración das persoas retornadas audio O presidente da Xunta de Galicia enviou unha carta a José Luis Escrivá co obxectivo de trasladarlle o acordo aprobado no Parlamento galego en prol da posta en marcha polo Executivo central de medidas que favorezan a este colectivo. Expón a necesidade de cambios en materia de homologación de títulos universitarios, permisos de residencia de familiares sen nacionalidade, acceso á vivenda e diminución de desigualdades fiscais. Galicia ofrece ao... Máis información
-
27Novembro2021Miranda reúnese coas entidades galegas de Lausanne, reactivando os encontros cos e coas representantes dos centros do exterior audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo na mañá de hoxe en Suíza un encontro coas entidades galegas de Lausanne, reactivando así os encontros cos e coas representantes dos centros do exterior tralo parón que supuxo a pandemia da covid-19. O día anterior tivo lugar tamén un encontro coas casas galegas de Xenebra aproveitando a clausura da exposición sobre o Camiño de Santiago que organizou a Sociedade A Nosa Galiza... Máis información
-
26Novembro2021Miranda clausura en Xenebra a exposición “Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago” organizada pola Sociedade A Nosa Galiza audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clausurou oficialmente a exposición Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago, do fotógrafo Manuel G. Vicente, que se puido ver dende o pasado 16 de novembro na Ferme Sarasin de Xenebra, organizada pola Sociedade A Nosa Galiza. No acto estivo acompañado do alcalde da localidade, Michel Pomatto, así como da presidenta da Irmandade Galega na Suíza, Ana María Mera. Esta exposición... Máis información
-
26Novembro2021Miranda destaca en esRadio que as Oficinas Integrais de Asesoramento ao Retorno acompañaron na súa integración en Galicia a 8.000 galegas e galegos que volveron do exterior durante a pandemia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, analizou en esRadio e o balance da Estratexia Galicia Retorna que se acaba de facer público, e que permitiu acompañar e axudar dende as Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno a máis de 8.000 galegas e galegos que volveron entre os anos 2020 e 2021 para facilitar a súa integración en Galicia durante a pandemia. Dende que se puxo en marcha esta iniciativa en 2018,... Máis información
-
26Novembro2021Emigración coñece o proxecto empresarial de conservas dun retornado audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe a un emprendedor retornado de Cuba, Miguel Ángel Alvelo Céspedes, que puxo en marcha en Galicia un proxecto empresarial dedicado a ofrecer conservas e embutidos galegos desde Baiona. Miranda destacou a aposta polos produtos galegos deste emprendedor, neto de veciños de San Cibrao en Lugo, que distribúe as súas conservas por toda Europa e incluso na propia Cuba. O... Máis información
-
24Novembro2021O Foro de Santiago, liderado polo presidente Feijóo, sinala o retorno como un piar básico de actuación ante o reto demográfico audio O Foro Santiago. Camino de consenso celebrado onte en Santiago de Compostela e no que participaron os presidentes de Galicia, Asturias, Cantabria, A Rioxa, Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura e Castela e León, apostou pola política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos Next Generation cheguen á economía real. Un dos seus principios básicos foi apoiar o retorno. Artigo 4 da... Máis información
-
24Novembro2021Feijóo defende o Foro de Santiago como exemplo da política útil para consensuar o financiamento autonómico, priorizar a demografía e garantir que os fondos europeos cheguen á economía real audio “Presentamos un documento con vocación de permanencia e que construímos oito presidentes que representamos máis do 60% do territorio do noso país”, di, apelando ao papel da política útil que achega solucións. Insiste en que a cuestión demográfica sexa unha prioridade institucional, con medidas para promover o retorno daquelas e daqueles españois que emigraron; ademais de favorecer o desenvolvemento sostible nas zonas rurais. No tocante a un... Máis información
-
23Novembro2021A Secretaría Xeral da Emigración facilitou a integración social en Galicia a case 6.200 persoas a través das Axudas Extraordinarias ao Retorno audio Esta liña, á que se destinaron 4,6M€ dende 2018 ata 2020, forma parte das accións sociais específicas da Estratexia Galicia Retorna. O 35% das familias galegas retornadas beneficiarias destas axudas contan con fillas e fillos menores de idade. A Xunta de Galicia destinou, dende 2018 a 2020, 4,6 millóns de euros a través das Axudas Extraordinarias ao Retorno co obxectivo de facilitar a integración social na comunidade autónoma de case 6.200... Máis información
Páxinas |