Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
07Agosto2022Galería de fotos da Misa do Peregrino e pasarrúas das entidades galegas do mundo no VI Día da Galicia Exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración recupera a emoción do VI Día da Galicia Exterior cunha galería de fotos do acto da Misa do Peregrino, celebrada na Praza da Quintana, e do posterior pasarrúas protagonizado polas entidades galegas de todo o mundo que asistiron ao VI Día da Galicia Exterior. En total, 31 asociacións galegas procedentes tanto de Europa e América, como das diferentes comunidades autónomas, percorreron o pasado 9 de xullo as prazas... Máis información
-
06Agosto2022Emigración participa na Ofrenda Floral ao Emigrante que celebra o Concello de Val do Dubra audio A subdirectora de Coordinación Administrativa da Secretaría Xeral, María Baleato, asistiu aos actos celebrados na honra dos veciños desta localidade que residen no exterior. A subdirectora de Coordinación Administrativa, Económica e de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, María Baleato, asistiu hoxe aos actos na honra ao Emigrante que organiza o concello de Val do Dubra, onde tivo lugar unha ofrenda floral para lembrar aos... Máis información
-
05Agosto2022Publicada a Listaxe Definitiva das BECAS BEME para o vindeiro curso ás que accederán mozos e mozas retornados de 19 países audio Arxentina, Uruguai, Venezuela, Cuba, Brasil e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarios, dos que 102 cursarán os seus estudos na Universidade de Vigo, 80 na Universidade de Santiago e 59 na Universidade de A Coruña. Coa convocatoria destas 250 prazas, a Secretaría Xeral da Emigración busca fomentar o retorno dos mozos e mozas de orixe galego. A Secretaría Xeral da Emigración publica hoxe a listaxe dos mozos e mozas do exterior... Máis información
-
05Agosto2022Miranda asiste ao Encontro de Verán da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA) que se celebrou en Allariz audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe ao encontro de verán da Asociación de Médicos Galegos (ASOMEGA) que se celebrou na Casa da Cultura de Allariz e durante o cal se homenaxeou aos médicos do rural. Tal e como afirmou Rodríguez Miranda, esta asociación conta con profesionais da sanidade con unha característica común, o de ser galego, e que exercen o seu traballo en diferentes países de todo o planeta, “... Máis información
-
04Agosto2022Miranda agradeceu ao Presidente do Lar Gallego de Chile a participación da súa entidade no Día da Galicia Exterior e a actuación da agrupación en varias vilas galegas audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho ao presidente do Lar Gallego de Chile, Ricardo González Méndez, ao que agradeceu a participación da súa entidade no Día da Galicia Exterior e a posterior actuación da agrupación en varias vilas galegas. A agrupación, “Corporación Lar Gallego de Chile”, realizou actuacións durante o pasado mes de xullo nos concellos ourensáns de A Peroxa, Celanova, Ourense e A... Máis información
-
03Agosto2022Galería de imaxes das actividades da mañá do VI Día da Galicia Exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración convida a volver desfrutar do VI Día da Galicia Exterior a través dunha galería de fotos que recompila as primeiras actividades realizadas neste evento. Esta xornada comezou coa chegada das entidades galegas do exterior á Praza do Obradoiro, recibidas polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela. A continuación, as agrupacións foron obsequiadas cuns diplomas pola súa participación no Hostal dos... Máis información
-
02Agosto2022Emigración concedeu axudas para impulsar un centenar de actuacións para a realización de Obras e Adquisición de Equipamentos de Entidades Galegas do Exterior audio Este programa conta cun orzamento de 575.000 euros destinado á conservación do patrimonio, a mellora de equipamentos e a reforma das instalacións. A Secretaría Xeral da Emigración aprobou a concesión de case 100 solicitudes de entidades galegas do exterior para a realización de obras e para a adquisición de equipamentos dentro da liña de axudas deste mesmo ano. Este programa conta cun crédito orzamentario de 575.000 euros e, novamente como o... Máis información
-
01Agosto2022Miranda reúnese co Presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago a quen agradeceu o apoio para trasladar á información sobre as Políticas de Retorno da Xunta aos Galegos do Brasil audio Esta asociación agrupa unha importante cifra de galegos do exterior residentes en Brasil, con máis de 300. A entidade mantén aberto unha oficina de atención social co apoio da Secretaría Xeral da Emigración a través dun acordo de apoio económico que supón unha axuda de 7.000 euros. O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación Hispano-Gallega Caballeros de Santiago (Brasil), Francisco Javier... Máis información
-
31Xullo2022Emigración rememora o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo do último tramo do Camiño de Santiago realizado por preto dun millar de galegas e galegos do exterior audio A Secretaría Xeral da Emigración convida a volver a desfrutar e a rememorar o VI Día da Galicia Exterior a través dun vídeo que recompila o percorrido realizado polas e polos membros das agrupacións culturais asistentes a este evento do último tramo do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo. Neste traxecto, estiveron acompañados polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas... Máis información
-
30Xullo2022Rueda pon en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións audio O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor o talento exterior que aposta por Galicia e que axuda a construír un futuro máis próspero para as vindeiras xeracións. O titular do Goberno galego participou no Carballiño na sexta edición da Romaría Abanca Internacional, que a entidade financeira dedica ás e aos clientes non residentes. Alfonso Rueda agradeceu a Abanca o seu compromiso con Galicia e puxo como exemplo a traxectoria das e... Máis información
Páxinas |