Novas
Buscador
Últimos 6 meses-
12Abril2023Rueda inicia unha viaxe por Panamá, Venezuela e México para reforzar alianzas económicas e institucionais audio Reunirase con diferentes autoridades coma o presidente de Panamá, Laurentino Cortizo, ou o embaixador de España nese país. Manterá encontros con empresariado e investidoras e investidores interesados en proxectos económicos e industriais que se desenvolven en Galicia. Visitará as instalacións de asociacións de galegas e galegos para coñecer as súas inquedanzas e os servizos que ofrecen á colectividade. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda,... Máis información
-
11Abril2023Miranda traslada a Antonio Sánchez o respaldo da Xunta á comunidade de galegas e galegos na República Dominicana audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Antonio Sánchez Espantoso, membro de orixe galega do Consejo de Residentes Españoles (CRE) na República Dominicana, con quen analizou a situación da colectividade española, e en concreto, a galega, neste país caribeño. O secretario xeral animou á comunidade de galegas e galegos na República Dominicana a traballar xuntos para manter a cultura e tradicións... Máis información
-
10Abril2023Emigración abre o prazo de solicitude das axudas extraordinarias ao retorno cun orzamento de 1,7M€ audio Esta liña vai dirixida a que os retornados e retornadas poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade As persoas interesadas contan co apoio da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. A axuda pódese solicitar dende mañá, martes 11, ata o próximo 29 de setembro. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria da liña de axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e que... Máis información
-
08Abril2023Emigración entregou as distincións ás e aos participantes dos programas Conecta e Reencontros co Xacobeo 2022 no Brasil audio O secretario xeral deste departamento autonómico, Antonio Rodríguez Miranda, aproveitou a súa visita a São Paulo e Santos para entregar compostelas aos galegos e galegas residentes nestas localidades brasileiras que participaron o pasado ano no Conecta co Xacobeo. Estes dous programas permitiron que galegas e galegos residentes no Brasil coñeceran o Camiño de Santiago e puideran converterse en embaixadoras e embaixadores do mesmo para animar aos... Máis información
-
07Abril2023Representantes galegos do sector do termalismo visitan Uruguai, país anfitrión da Feria Internacional Termatalia audio A Delegación da Xunta no Uruguai, con Elvira Domínguez como representante, articulou nos últimos días un encontro entre os representantes galegos do sector do termalismo, a Asociación de Hoteles y Restaurantes del Uruguay, e a Asociación de Empresarios Gallegos neste país (AEGU). Reuníronse tamén co Ministerio de Turismo do país, que os acompañaron durante a súa estadía. Os representantes galegos do sector visitaron nos últimos días Uruguai... Máis información
-
06Abril2023O secretario xeral da Emigración invita aos galegos e galegas do exterior a participar nos próximos programas de Conecta e Reencontros audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, invita a todas as galegas e galegos do exterior interesados en participar nos programas Conecta e Reencontros con Galicia e Conecta co Xacobeo a que estean atentos á apertura das próximas convocatorias, que terán lugar en breve. Estas iniciativas teñen como obxectivo volver a conectar con Galicia a aquelas persoas de orixe galega que se atopan vinculadas a algún centro do exterior... Máis información
-
05Abril2023Rueda anuncia dúas novas liñas de axudas da Xunta por valor de 2,7 M€ para apoiar aos galegos e galegas do exterior no seu retorno a Galicia audio Unha liña vai dirixida a facilitarlles a posta en marcha de iniciativas emprendedoras e outra para que poidan afrontar os gastos excepcionais que supón asentarse na comunidade. As persoas interesadas contan co apoio da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno. O Goberno galego ten en marcha a segunda edición da Estratexia Galicia Retorna á que destina 450 M€ co obxectivo de facilitar, ao longo dos vindeiros catro anos, o regreso... Máis información
-
04Abril2023Emigración anuncia a convocatoria do programa Escolas Abertas, que se desenvolverá en Santiago de Compostela o próximo mes de xullo audio Este programa ten como obxectivo dar formación especializada ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, confección de traxes tradicionais e formación de persoal directivo. Como novidade, este ano desenvolverase formación en cociña galega. O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a convocatoria do novo programa de Escolas Abertas da Secretaría Xeral da Emigración que se volve a desenvolver este... Máis información
-
03Abril2023Miranda anuncia na radio da Hermandad Gallega de Venezuela a visita ao país americano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, anunciou nunha entrevista realizada para o programa de radio da Hermandad Gallega de Venezuela, que se emite pola emisora Radio Capital 710, a visita ao país americano do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, quen aceptou a invitación realizada pola colectividade galega para participar nas actividades organizadas o próximo 14 de abril co gallo do Encontro cultural de centros galegos de... Máis información
-
03Abril2023Miranda visitará o Centro Cultural Galego de Cuxhaven nesta primavera para participar nas súas actividades de promoción de Galicia audio O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu nas últimas horas a varios representantes do Centro Cultural Galego de Cuxhaven, a quen lles confirmou a súa próxima visita nesta primavera para participar nas súas actividades de promoción de Galicia entre a poboación desta cidade alemá. Entre as e os asistentes á reunión atopábase María Rosa Sotelo López, referente da colectividade galega de Cuxhaven e expresidenta da... Máis información
Páxinas |